Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8646

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (PO 67/2012).

Nos autos de ordinario número 67/2012, seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, por instancia do procurador Manuel J. Pedreira del Río, en nome e representación de Prime Credit 3, S.A.R.L., contra Antonio José dos Santos Oliveira, ditouse con data do 25.11.2013 sentenza, que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza 112/2013.

Procedemento ordinario 67/2012.

En Betanzos o 25 de novembro de 2013.

Vistos por min, María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo ordinario 67/2012, sobre reclamación de cantidade, en que son partes a demandante Prime Credit 3, S.A.R.L., asistida pola letrada Sra. López Suevos e representada polo procurador dos tribunais Sr. Pedreira del Río, e o demandado Antonio José dos Santos Oliveira, en situación de rebeldía procesual

Decido que debo estimar a demanda interposta por Prime Credit 3, S.A.R.L. contra Antonio José dos Santos Oliveira e, polo tanto, condénase o demandado a pagar á demandante a contía de 11.282,92 € máis os xuros que se devindiquen na forma expresada na fundamentación xurídica, e con expresa condena en custas á parte demandada.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días contados desde a súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, da que se levará certificación aos autos, pronúncioo, mando e asino».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza polo xuíz que a ditou. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG, e para que sirva de notificación en forma ao demandado Antonio José dos Santos Oliveira, expídese o presente edicto.

Betanzos, 11 de decembro de 2020

Víctor López Sánchez
Letrado da Administración de xustiza