Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de convocatoria, mediante o sistema de oposición libre, de 12 prazas de bombeiro-condutor.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense co número 26, do 2 de febreiro de 2021, mediante Resolución do concelleiro delegado de Recursos Humanos, Facenda, Contratación, Educación, Promoción Económica, Recursos Europeos e Formación ocupacional, do 27 de xaneiro de 2021, e co número 202100050, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Doce (12) prazas de bombeiro-condutor para o Concello de Ourense, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de servizo de extinción de incendios, grupo C, subgrupo C2, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base específica terceira, de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web da corporación.

As bases e convocatoria estarán dispoñibles na páxina web do Concello na área de Recursos humanos-Procesos selectivos, nunha ligazón denominada «Convocatoria e bases para a cobertura por oposición libre de 12 prazas de bombeiro condutor».

Ourense, 2 de febreiro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 29.9.2020)
Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos