Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 11/2020)

ETX. Execución de títulos xudiciais 11/2020

Procedemento de orixe: DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 204/2019

Sobre despedimento

Demandante: Delfina Alcalde Lojo

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Demandados: Fogasa, José Ces Alcalde, S.L., Óscar Pérez López, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa, Montserrat Trillo Nouche

Declaración de insolvencia.

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 11/2020, por instancia de Delfina Alcalde Lojo contra os executados José Ces Alcalde, S.L. (cuxa denominación actual é Servicios de Automoción Cimadevila, S.L.) e Óscar Pérez López, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou, con data do 22 de decembro de 2021, o decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia total por un total de 97.704,27 euros en concepto de principal (79.778,63 euros en concepto de indemnización e 12.397,69 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento, e responden solidariamente ambas as empresas da contía de 5.527,95 euros netos como cantidades debidas en concepto de diferenzas retributivas) máis 2.650,06 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas.

Insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

Para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L. e, de conformidade co artigo 59.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza