Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 73/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 73/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza con data 14 de xaneiro de 2021, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza