Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8852

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

Francisco Barea Paz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do Centro Nacional de Información Xeográfica, e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para a obtención dunha cobertura de imaxes aéreas e ortofotos de 2020 de Galicia.

Coordinación de actuacións conxuntas para a obtención de coberturas de voo fotogramétrico dixital e de ortoimaxes dixitais en cor no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

200.525,28 €

1.10.2020

Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe na futura área de especial interese paisaxístico 05-03 Ribeira Sacra.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre as partes asinantes que, de xeito voluntario, subscriben e desenvolven o pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe da Ribeira Sacra mediante a realización das actuacións necesarias para dar cumprimento ao pacto, mellorando as paisaxes e a calidade de vida de cidadáns no marco do desenvolvemento sustentable.

Todas as actuacións descritas na programación desenvolveranse en bens de titularidade dos concellos integrantes do consorcio.

550.000 €

5.10.2020

2ª addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe Meandros do Lérez e Serra do Cando.

Modificar a cláusula cuarta do convenio inicial para ampliar, ata o 18.12.2020, a data límite de presentación da documentación de xustificación de gasto por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade, atraso orixinado por mor da situación de pandemia internacional declarando como tal a OMS a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola COVID-19.

Sen achega

económica

25.11.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable para o Desenvolvemento da Senda dos Faros.

Modificar as cláusulas segunda e sexta do convenio inicial para favorecer que a entidade beneficiaria poida realizar as actuacións relativas á fase VII do convenio, así como presentar a documentación xustificativa, atrasados ambos os dous por mor da declaración da OMS de pandemia internacional a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola COVID-19.

Sen achega

económica

25.11.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra e a Federación Galega de Municipios e Provincias polo que se aproba o Pacto pola paisaxe para a protección, xestión e ordenación da paisaxe na futura área de especial interese paisaxístico 05-03 Ribeira Sacra.

Modificación das cláusulas segunda, terceira, sexta, sétima e número 2 da letra d) do anexo ao punto 2 “contido xeral do documento”, para facer un reaxuste das anualidades inicialmente previstas e adaptar o ritmo de execución das actuacións e os importes das anualidades.

Sen achega

económica

29.12.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela para a observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia.

Establecer as condición polas que se vai rexer a colaboración entre os asinantes do convenio para a análise da información que permita facer un seguimento da mobilidade e o mercado da propiedade rústica en Galicia, a modo de Observatorio galego de mobilidade das terras.

Sen achega

económica

30.12.2020