Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 20 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2020/190-1).

Expediente: IN407A 2020/190-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio 129 LMTA MOL825.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 255 m, con orixe no apoio núm. 128 existente da LMTA MOL825 (van para retensar), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio núm. 130 existente da LMTA MOL825 (van para retensar).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello da Pontes de García Rodríguez. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: instalacións eléctricas de distribución e transporte.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/190-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do apoio 129 LMTA MOL825.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Paraxe: Pereira de Abaixo.

Cultivo: rústico.

Propietario: hros. de Aurora Ramil Rego.

Afección de solo en pleno dominio.

– Apoio número 1.

– 2 m2.