Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8938

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal temporal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal dun/dunha técnico/a superior e un/unha auxiliar técnico/a para os proxectos Secweb e Fishn´Co.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https:// cetmar. org/traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 3 de febreiro de 2021

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico
del Mar-Fundación Cetmar