Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2021 Páx. 8931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento do expediente IG107.2016.1.121.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, ponse en coñecemento da empresa R de Lorenzo Cordelería, S.L., titular do expediente IG107.2016.1.121, relativo ás axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (Resolución do 28 de decembro de 2015, DOG nº 247, do 29 de decembro) que, con data 15.10.2020, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o seu alcance, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselle ao titular do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica