Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada, polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 19 de xaneiro de 2021
Gerardo Críado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
Resolución |
PR204A2020/3345-2 |
33545122J |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3375-2 |
34257225J |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3535-2 |
47326412W |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3630-2 |
44833259A |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3633-2 |
42194250Z |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3783-2 |
32660110H |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/4070-2 |
34174751V |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/4134-2 |
33309394N |
Denegatoria do dereito |