Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas, e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.
Nº de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
1833/20 |
Aquilino Casasnovas Vicente |
36054A050000170000EU |
1301/20 |
Edifeiras, S.L. |
36054A074002980001RJ |
1301/20 |
Edifeiras, S.L. |
36054A074002970000EU |
Tomiño, 25 de xaneiro de 2021
A alcaldesa
P.D. (Decreto do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente