Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2021 Páx. 9151

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo II na categoría de técnico/a medio de prevención de riscos laboráis, polo sistema de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 4 de febreiro de 2020 (DOG do 20 de febreiro) mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo II, na categoría de técnico/a medio de prevención de riscos laborais, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

resolve:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 17 de marzo de 2021, na aula 21 da Facultade de Química no Edificio de Ciencias Experimentais do Campus de Vigo, ás 10.00 horas, para a realización do primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e precisarán bolígrafo negro ou azul. Será obrigatorio o uso da máscara en todo momento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de febreiro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo