Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9404

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria para o ano 2021 das axudas para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852B e IN852C).

O Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no seu capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación tecnolóxica dentro da Administración galega e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de tecnoloxías e programas de innovación eficientes.

A Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) define o marco para as políticas de investigación e innovación en Galicia e supedita as prioridades de investimento a tres retos. Cada un destes retos ten asociada unha serie de prioridades e liñas de acción específicas, aliñadas cos obxectivos e principais programas de innovación nacionais e europeos.

En abril de 2016 a Comisión Europea puxo en marcha a Iniciativa europea de dixitalización industrial como parte da Estratexia do mercado único dixital para potenciar a dixitalización da economía europea para desbloquear todo o potencial da cuarta revolución industrial e reforzar a competitividade da Unión Europea. Entre os seus eixes atópanse os hubs de innovación dixital (DIH) como ferramenta para lograr que as innovacións dixitais cheguen a todas as empresas, especialmente pemes, a través do apoio a unha rede sólida de DIH para garantir que todas as empresas en Europa poidan aproveitar as oportunidades dixitais.

O Plan Galicia innova 2020, a través do cal se afonda no avance da RIS3 Galicia, aposta por un modelo de innovación máis colaborativo, e a dinamización dos hubs de innovación dixital (DIH) é un dos principais instrumentos para avanzar no desenvolvemento da especialización intelixente en Galicia. Os hubs permiten agrupar, cohesionar e especializar os axentes do ecosistema de I+D+i nos ámbitos estratéxicos para Galicia, de acordo coa RIS3, a través da xeración de dinámicas de colaboración público-privada abertas, intelixentes e áxiles. Son estruturas funcionais de soporte que permiten aliñar máis eficientemente o coñecemento coas necesidades do tecido empresarial e os mercados, facilitándolle á industria, especialmente ás pemes, o acceso a diferentes servizos de innovación. A través dos hubs de innovación dixital ponse en marcha un modelo de apoio próximo e facilitador baixo un enfoque de portelo único que lles permite ás pemes o acceso a unha serie de servizos para a integración das tecnoloxías emerxentes na súa estratexia de negocio.

Para avanzar na construción deste modelo de apoio, no ano 2018 a Axencia Galega de innovación abriu un proceso de selección de proxectos de hubs que, atendendo ao seu carácter estratéxico segundo a súa visión e plan operativo, contribuísen ao avance da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3).

Neste proceso seleccionáronse dous proxectos de hubs:

– DIHGIGAL,enfocado á transformación dixital da industria.

– DATAlife, orientado á intelixencia artificial e big data en pemes dos sectores primario, biotecnolóxico e saúde.

O 16 de decembro de 2019 o conselleiro de Emprego, Industria e Innovación, Francisco Conde, e os representantes de DATAlife e DIHGIGAL (antes Factories of the Future) asinaron os convenios de colaboración. O obxecto destes convenios é a articulación dun apoio económico que sirva de axuda para a constitución e primeiras actuacións dos hubs seleccionados.

Tras as primeiras fases de apoio a estes hubs a través de asesoramento especializado encamiñado a despregar as súas propostas, esta convocatoria supón un novo avance para a súa consolidación como axentes esenciais para avanzar no modelo de especialización de Galicia. Seguindo as orientacións da Comisión Europea, nestas axudas apóstase pola interconexión da dixitalización e a innovación no marco da RIS3 como ferramenta para a súa integración efectiva nas pemes para mellorar a súa competitividade.

As actuacións apoiadas, ademais do amparo da RIS3, deberán estar aliñadas coas prioridades do programa Europa dixital para avanzar nestes ámbitos de xeito adaptado ás necesidades do ecosistema galego, especializando e consolidando os nosos hubs nun contexto de cooperación interrexional a nivel da Unión que fortaleza o seu posicionamento na futura Rede europea de hubs de innovación dixital.

Deste xeito, a través destas axudas incluídas no marco da actuación 1.2.1.7. Proxectos de innovación aberta para subministrar incentivos á cooperación entre as empresas, do PO Feder Galicia 2014-2020, financiarase o desenvolvemento de proxectos de I+D+i aliñados cos obxectivos dos dous hubs de innovación dixital considerados estratéxicos ao abeiro da RIS3, sempre, ademais, de xeito coherente coas prioridades do programa Europa dixital.

Estes proxectos:

• Apoiarán actuacións nas etapas iniciais da cadea de valor da I+D+i e tamén nas máis próximas ao mercado como a innovación en produto, co fin de artellar un esquema integral de apoio ás pemes galegas nos seus procesos de transformación dixital.

• Deberán estar enfocados aos ámbitos considerados estratéxicos na política dixital europea pero, ademais, na procura de sinerxías e complementariedades entre os diferentes apoios públicos a nivel da UE, valorarase dun xeito especial o seu aliñamento con outras prioridades europeas de investimento como o Pacto verde ou a Innovación responsable.

A nivel rexional, estas axudas mostran unha clara sinerxía co Programa de centros de fabricación avanzada do Igape, onde se valoraba que a proposta estivese asociada a un hub de innovación dixital declarado estratéxico para Galicia.

A través deste esquema de apoio, as prioridades políticas a longo prazo combínanse coas de recuperación inmediata, co obxectivo de reforzar a resiliencia da economía galega e favorecer a súa autonomía e competitividade nun contexto internacional, no marco da súa RIS3.

O novo programa Conecta hubs inclúe tamén novidades na súa xestión pondo en marcha un modelo colaborativo baseado no papel dos hubs como entidades colaboradoras do programa. A través deste novo marco de colaboración, búscase impulsar o papel dos hubs como axente articulador do Sistema galego de Innovación, asegurando a coherencia dos apoios coas súas liñas estratéxicas e avanzando cara á súa tarefa de portelos únicos.

Segundo o exposto, a posta en marcha do novo programa Conecta hubs configúrase, pola súa vez, como unha experiencia piloto para avanzar nos obxectivos específicos asignados ao obxectivo político 1 do novo período 2021-2027 no marco do Feder:

• Mellorar as capacidades de investigación e innovación e o uso de tecnoloxías avanzadas.

• Aproveitar os beneficios da dixitalización para a cidadanía, empresas e administracións.

• Mellorar o crecemento e a competitividade das pemes.

• Desenvolvemento de habilidades para a especialización intelixente, a transición industrial e o emprendemento.

Esta convocatoria tramítase de xeito anticipado ao abeiro do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o financiamento de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs galegos de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hubs). Estas áreas faranse públicas con anterioridade á publicación desta convocatoria na paxina web de cada un dos DIH declarados estratéxicos (artigo 2.15).

Nestas axudas diferéncianse dúas liñas ou procedementos distintos segundo o tipo de proxecto que se vaia apoiar:

– Liña 1 (código de procedemento IN852B): proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en proceso ou organización.

– Liña 2 (código de procedemento IN852C): proxectos de innovación en produto.

No artigo 3 seguinte inclúese o detalle dos requisitos que deberán cumprir os proxectos en cada unha destas liñas.

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (códigos de procedemento IN852B e IN852C), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido nos seguintes regulamentos e decisións da Comisión Europea:

– Liña 1 (código de procedemento IN852B), ao Regulamento (UE) 651/2014 e ao Regulamento (CE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis (polo que se regularán os custos indirectos dos proxectos).

– Liña 2 (código de procedemento IN852BC), ao Regulamento (CE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.

Artigo 2. Definicións

1. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

2. Microempresa, pequena e mediana empresa: segundo o artigo 2 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; e microempresa, aquela que ocupa menos de 10 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

3. Grande empresa: enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

4. Agrupación de empresas beneficiarias: para os efectos desta resolución, enténdese por agrupación de empresas beneficiarias aquelas empresas que participan de xeito conxunto no proxecto obxecto da subvención, entre as cales exista un acordo regulador que recolla, polo menos, os mínimos establecidos no artigo 3 desta resolución. Unha das empresas da agrupación asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante o órgano convocante e denominarase, en diante, o líder.

5. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante, organismos de investigación), segundo a definición do artigo 2.83 do Regulamento (UE) 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar, de maneira independente, investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberán contabilizarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

6. Empresa en crise: a que así se defina consonte o previsto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 e as directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014, ou documento que o substitúa.

7. Entidade vinculada: son empresas vinculadas segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presumirase que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 (segundo parágrafo) do citado anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte desta no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos. Considerarase mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

8. Reto estratéxico: sintetiza o conxunto de prioridades tecnolóxicas e de innovación da estratexia RIS3 de Galicia, baseadas tanto en actividades existentes como en oportunidades de futuro. Os retos estratéxicos son:

Reto 1. Xestión innovadora de recursos naturais e culturais. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan no melloramento da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

Reto 2. O modelo industrial da Galicia do futuro. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais.

Reto 3. Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Posicionar Galicia para o ano 2020 como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.

9. Programa Europa dixital: Programa da Comisión Europea centrado en apoiar a transformación dixital da economía, a industria e a sociedade europeas mellorando a súa competitividade na economía dixital mundial e contribuíndo, ao mesmo tempo, a superar a fenda dixital en toda a Unión e reforzar a súa autonomía estratéxica. O programa, que abrangue o período 2021-2017, permitirá:

a) Reforzar e promover as capacidades de Europa en ámbitos clave da tecnoloxía dixital a través dun despregamento a grande escala.

b) Ampliar a súa difusión e introdución no sector privado e en áreas de interese público, promovendo a súa transformación dixital e o seu acceso ás tecnoloxías dixitais.

O programa recolle os seguintes cinco obxectivos específicos interrelacionados:

a) Obxectivo específico 1: informática de alto rendemento.

b) Obxectivo específico 2: intelixencia artificial.

c) Obxectivo específico 3: ciberseguridade e confianza.

d) Obxectivo específico 4: competencias dixitais avanzadas.

e) Obxectivo específico 5: despregamento, mellor uso das capacidades dixitais e interoperabilidade.

10. Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes. Comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

11. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación, sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles.

12. Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

13. Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos os cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

14. Innovación en produto ou servizo: introdución no mercado dun produto ou servizo mellorado que difire significativamente dos produtos ou servizos previos tanto para a entidade que os desenvolve como para o mercado que os usa.

O resultado final do proxecto apoiable deberá concretarse na fabricación do produto ou na obtención dun prototipo probado nun contorno real.

15. Hubs de innovación dixital estratéxicos:

Proxectos de hubs seleccionados na convocatoria lanzada en 2018 pola Axencia Galega de Innovación. Nesta selección tívose en conta o seu carácter estratéxico, atendendo á súa visión e plan operativo, para avanzar na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3). En concreto, foron seleccionados o seguintes hubs:

– DIHGIGAL (antes Factories of the Future), liderada polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e centrada na internet das cousas e intelixencia artificial, e

– Datalife, liderada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), orientado ao manexo de grandes cantidades de información (big data).

16. Colaboración efectiva: colaboración entre polo menos dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos e tecnoloxía, ou para acadar un obxectivo común sobre a base da división do traballo, en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así outras partes dos seus riscos financeiros; a investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se consideran formas de colaboración.

Artigo 3. Actuacións subvencionables

1. Proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación ao abeiro da estratexia RIS3 Galicia, orientados aos obxectivos específicos do programa Europa dixital.

A través destes proxectos avanzarase nestes obxectivos dun xeito adaptado ás necesidades do Sistema galego da innovación mellorando a súa competitividade e resiliencia. Servirán, ademais, para consolidar os hubs galegos de innovación dixital estratéxicos no marco das súas áreas de traballo nun contexto de cooperación interrexional a nivel da Unión. Estas áreas ou retos deberán ser públicos e aparecerán publicados na páxina web de cada un dos hubs estratéxicos con anterioridade á publicación desta convocatoria.

1.1. Requisitos xerais.

1.1.1. Os proxectos deberán estar enfocados ao mercado e orientados á xeración de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora dos procesos de dixitalización e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido que revertan nas pemes galegas e melloren a súa competitividade. Poderán combinar o dixital con outras tecnoloxías facilitadoras para maximizar os beneficios da dixitalización, valorándose ademais, de maneira especial, a súa coherencia con outros ámbitos estratéxicos para a Unión Europea, como o Pacto verde ou a Innovación responsable.

1.1.2. Os proxectos deberán realizarse sempre en cooperación entre pemes formando unha agrupación. A participación de cada empresa deberá estar xustificada, ser relevante e equilibrada, e non poderá superar nunca unha mesma empresa (ou empresas vinculadas) o 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto.

Ademais, poderán incluírse nos proxectos grandes empresas cando exerzan un efecto tractor no proxecto, pero sempre cunha participación limitada. Esta participación só se permite no caso de proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de proceso ou organización.

1.1.3. Cada proxecto deberá incluír, como mínimo, tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos, segundo a situación actual en Galicia, no obxectivo ou obxectivos específicos do programa Europa dixital a que se oriente o proxecto, sempre no marco da RIS3 Galicia. Estes indicadores deberán cuantificarse para poder determinar a evolución acadada polo desenvolvemento do proxecto.

1.1.4. Será requisito imprescindible en todas as liñas que a proposta para a cal se solicita a axuda estea aliñada cos retos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias detállase no artigo 2.

2. Requisitos específicos aplicables á liña específica de axudasa a que se presenten:

Liña 1: proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de proceso ou organización, segundo as definicións incluídas no artigo 2 destas bases.

Orzamento: os proxectos de investigación e desenvolvemento deberán ter un orzamento mínimo de 500.000 euros e un máximo de 1.500.000 euros, dividido nas distintas actividades que vaia realizar cada un dos integrantes da agrupación. Nos proxectos de innovación en materia de proceso ou organización o orzamento mínimo será de 250.000 euros e o máximo, de 1.500.000.

Non se exixirá un orzamento mínimo por empresa da agrupación.

Tamaño e composición da agrupación: cada agrupación debe estar constituída por un mínimo de dúas empresas pemes non vinculadas entre si e un máximo de seis empresas.

Na agrupación poderá participar só unha grande empresa cunha participación limitada a un máximo do 25 % do orzamento subvencionable total do proxecto

En todo caso, o tamaño da agrupación será o necesario para garantir unha xestión eficaz desta.

No caso de que na agrupación non participe ningunha pequena empresa, será necesario que, como mínimo, unha sexa subcontratada por calquera das empresas da agrupación para desenvolver tarefas/actividades de I+D+i dentro do proxecto.

Duración: os proxectos serán plurianuais e deberán estar rematados antes do 30 de abril de 2023.

Efecto incentivador: as axudas concedidas ao abeiro desta liña deben ter efecto incentivador, polo que a solicitude de axuda deberase presentar sempre antes da data de inicio da súa execución.

Liña 2: proxectos de innovación en produto, segundo a definición incluída no artigo 2 destas bases.

Orzamento: os proxectos deberán ter un orzamento mínimo de 250.000 euros e un máximo de 600.000 euros, dividido nas distintas actividades que vaia realizar cada un dos integrantes da agrupación.

Tamaño e composición da agrupación: cada agrupación debe estar constituída por un mínimo de dúas empresas pemes non vinculadas entre si e un máximo de seis, todas elas pemes, e o tamaño da agrupación deberá ser o necesario para garantir unha xestión eficaz deste.

Na agrupación non poderán participar grandes empresas.

Duración: os proxectos poderán ser plurianuais. Deberán iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2021 e estar rematados antes do 30 de abril de 2023.

Os proxectos non poderán estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude.

3. Só se financiarán as actividades do proxecto desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, sen prexuízo de que as subcontratacións, asistencias técnicas ou colaboracións externas poidan encomendarse a entidades que operen fóra do territorio galego. Todos os membros da agrupación deberán levar a cabo as súas actividades en Galicia, de xeito que deberán ter na Comunidade o seu domicilio social ou algún centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter a axuda. De non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite que se establecerá en Galicia antes de iniciarse o proxecto.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no artigo 2. Deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 26.4 da presente resolución.

2. A composición mínima e máxima para as distintas liñas de axuda recóllese no artigo anterior.

3. Se a agrupación de entidades participantes no proxecto non ten personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En todo caso, deberá nomearse un líder, que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

4. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, asumindo un dos socios, o líder, a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no documento contractual que se realice para ese efecto.

Todas as empresas que forman parte da agrupación e que obteñan a axuda terán a condición de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e o pagamento da axuda efectuaranse a cada unha das empresas participantes en proporción á parte dos gastos que lles corresponda realizar no proxecto.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades e do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Acordos de confidencialidade.

d) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados.

e) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

f) Designación dun xefe técnico do proxecto. Esta figura será única para toda a agrupación.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

5. A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

6. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007. No caso da liña 1, tampouco as empresas consideradas en crise antes do 31 de decembro de 2019 ou que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Por outra banda, na liña 2 non poderán ser beneficiarias delas aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se encontren entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis. No caso da liña 1, estas excepcións están recollidas no artigo 1.3 do Regulamento (UE) 651/2014.

7. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias que así o declaren teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) 651/2014, e que no caso da liña 1, con data 31 de decembro de 2019, non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 18 do artigo 2 do mesmo texto normativo para considerar unha empresa en crise.

Artigo 5. Financiamento

Eixe

OE

Beneficiarios

Desagregación medida

(CE_Actividades)

Aplicación orzamentaria

2021 (€)

2022 (€)

2023 (€)

Total

1

1.2.1

Empresas pemes

CE064

06.A2.561A.770.0

CP 2021.00004

Total

2.010.000

2.600.000

450.000

5.060.000

Liña1 (IN852B)

1.610.000

2.100.000

350.000

4.060.000

Liña 2 (IN852C)

400.000

500.000

100.000

1.000.000

1

1.2.1

Empresas grandes

CE002

06.A2.561A.770.0

CP 2021.00003

Total

690.000

900.000

150.000

1.740.000

Liña 1 (IN852B)

690.000

900.000

150.000

1.740.000

1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo, de conformidade co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas subvencións á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de adxudicación.

Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

A distribución de fondos entre as liñas, aplicacións orzamentarias, tipoloxía de beneficiarios e anualidades sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse segundo a concesión de axudas nas diferentes liñas e tipoloxía de beneficiarios previstos e á vista das solicitudes recibidas, e será posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sempre sen incrementar o crédito total. De existiren remanentes de crédito, incrementarase o orzamento da liña en que exista unha maior demanda.

2. As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1: «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2: «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», obxectivo específico 1.2.1: «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora», actuación CPSO 1.2.1.7: «Proxectos de innovación aberta para subministrar incentivos á cooperación entre as empresas».

3. As axudas da presente convocatoria fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %. Compútase como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante.

Artigo 6. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas que se concedan ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, coma unha porcentaxe do investimento subvencionable dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a continuación:

a) Liña 1 (IN852B).

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario da agrupación e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

60 %

50 %

40 %

Innovación en materia de procesos e organización

50 %

50 %

15 %

Un mesmo proxecto non poderá recibir unha axuda total que supere 1.000.000 euros.

b) Liña 2 (IN852C).

O importe máximo da subvención será do 80 % do investimento subvencionable.

Un mesmo proxecto non poderá recibir unha axuda total que supere 400.000 euros.

2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

3. Nas axudas concedidas ao abeiro da liña 2 (IN852C) e para os custos indirectos da liña 1 (IN852B), ao axustarse ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, deberá terse en conta que o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

Debe terse en conta que, para os efectos de acumulación de axudas de minimis, todas as entidades que estean controladas (de feito ou de dereito) por unha mesma entidade deben considerarse unha mesma entidade. Para tales efectos, dúas ou máis entidades relacionadas deberán considerarse como unha única entidade se teñen polo menos un dos vínculos indicados no artigo 2.2 do Regulamento (UE) 1407/2013. Polo tanto, no formulario de solicitude deberán consignarse as axudas de todas as entidades vinculadas á entidade beneficiaria.

Artigo 7. Conceptos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos susceptibles de recibir axuda aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada en cada liña de axudas segundo o artigo 3 e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da acción para o cal foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable de cada unha das liñas incluídas nesta convocatoria. Deste xeito, considerarase gasto subvencionable o que foi executado e pagado dentro do prazo de execución indicado na resolución da axuda. No caso das xustificacións intermedias, deberase atender aos períodos de execución para cada anualidade fixados na resolución da axuda de acordo co artigo 31. Na liña 1 (IN852B), os gastos nunca poderán ser anteriores á data de presentación da solicitude por parte do líder do proxecto, xa que este non pode terse iniciado antes desta data. Ademais, será necesario que o pagamento dos gastos se realice dentro deste mesmo período. No caso da liña 2 (IN852C), poderán ser subvencionables os custos realizados desde o 1 de xaneiro de 2021.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

4. Custos subvencionables:

4.1. Xerais:

– Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade se pode demostrar, entre os cales se incluirán:

- Custos de persoal.

- Equipamento e material instrumental de nova adquisición.

- Material funxible.

- Adquisición de patentes.

- Servizos tecnolóxicos externos.

- Subcontratacións.

– Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) 1303/2013, e normas número 5 e 13 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10 % aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.

4.2. Ademais destes custos comúns, na liña 2 incluiranse de xeito específico:

4.2.1. Custos directos: certificacións e homologacións necesarias para comercializar un novo produto.

5. Os custos deberán respectar os requisitos específicos indicados en cada liña de axuda, así como os xerais para cada tipo de custo que se recollen nos artigos do 8 ao 12 seguintes.

6. Non se considerarán subvencionables en ningunha das liñas:

a) Os bens e servizos adquiridos ou prestados por:

– Persoas, entidades o empresas vinculadas coa empresa beneficiaria, entendendo por tales as que respondan á definición do artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

b) En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos sobre a renda para ningunha das liñas e procedementos establecidos nas presentes bases reguladoras.

Artigo 8. Custos de persoal

1. Poderanse subvencionar os custos de persoal propio da empresa, así como os gastos do persoal de nova contratación que se incorpore á entidade para a realización da actuación para a cal se solicita a axuda (persoal investigador, técnico e persoal auxiliar que realice actividades de investigación), no tempo imputado exclusivamente para o seu desenvolvemento.

Para cada empresa, o custo de persoal propio será como máximo o 75 % do custo subvencionable.

2. No caso de persoal de nova contratación, deberá dedicarse de xeito exclusivo cunha dedicación do 100 % ao proxecto e non ter vinculación laboral coa empresa nos 6 meses anteriores á formalización do contrato. Debe incorporarse no contrato de traballo a vinculación exclusiva deste persoal ao proxecto que motiva a contratación.

3. No caso de persoal propio, cando a imputación ao proxecto non sexa do 100 %, na memoria que se achegue coa solicitude deberán xustificarse os motivos da porcentaxe de imputación do tempo de dedicación ao proxecto. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

Só no caso de micropemes, poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice actividades do proxecto cunha dedicación máxima do 30 %. Na memoria que se achegará coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións/tarefas concretas que desenvolverá este persoal nas diferentes actividades recollidas no plan. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou xerencial.

4. Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades que a entidade non levaría a cabo se non realizase a operación subvencionada. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego do persoal do beneficiario nos termos indicados na norma 6, punto 2, da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

5. Os custos de persoal non poderán superar os custos máximos anuais por grupo de cotización que se establecen no seguinte cadro:

Grupo de cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual

(soldo bruto + Seguridade Social
a cargo da empresa)

1

Enxeñeiros/licenciados/persoal de alta dirección

45.000 €

2

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados/diplomados

39.375 €

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

31.500 €

4

Axudantes non titulados

25.875 €

5

Oficiais administrativos

25.875 €

6

Subalternos

25.875 €

7

Auxiliares administrativos

25.875 €

8

Oficiais de primeira e segunda

20.250 €

9

Resto de oficiais

20.250 €

10

Peóns

20.250 €

11

Traballadores menores de 18 anos

20.250 €

6. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos relacionados con aqueles traballadores que non estean dados de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolva a actividade subvencionada no marco de cada liña de axuda.

b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, agás que se trate:

– De socios traballadores de cooperativas ou sociedades laborais.

– De socios da empresa con labor directivo e xerencial e coas limitacións establecidas no punto 3 deste artigo.

c) Os conceptos incluídos na retribución bruta polo traballador que non garden relación coa actividade subvencionada.

d) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do proxecto.

e) Os custos de viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

f) Os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D+i no caso de empresas que non teñan a categoría de micropemes.

7. Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao proxecto deberá ser motivada e xustificada e será comunicada con carácter previo á Axencia Galega de Innovación para a súa autorización. En caso de producirse substitucións, ademais, a persoa substituta deberá cumprir as mesmas condicións de perfil e contratación que a persoa que causou baixa.

Artigo 9. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Serán subvencionables os custos de equipamento e material instrumental na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.

Se o equipamento e material instrumental se dedica exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao termo do período de execución, será subvencionable o custo de adquisición. Deberá xustificarse na memoria do proxecto a vida útil do equipamento ou material instrumental.

Se o equipamento e material instrumental non se utilizan exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa subvencionable, deberá detallarse na memoria do proxecto o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ao proxecto.

Serán subvencionables os custos de depreciación dos bens amortizables sempre que se cumpran as condicións establecidas na norma número 8 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas de gastos subvencionables dos programas operativos do Feder 2014-2020. Conforme o indicado no punto b) da citada norma, os activos depreciados non poderán ser adquiridos con axuda de subvencións públicas, nin a súa adquisición pode ter sido obxecto de cofinanciamento por parte dos fondos.

2. As novas licenzas e as renovacións de licenzas de software atópanse dentro da categoría de material inventariable e considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto, e non de uso xeral.

3. Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao remate do contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar con posterioridade á data da presentación da solicitude da subvención; só se poderán imputar as cotas pagadas dentro do período de xustificación de cada anualidade.

d) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

Artigo 10. Custos de material funxible

Poderanse imputar os gastos de material funxible directamente destinados ás actividades financiadas. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto.

Artigo 11. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á solicitante, sempre e cando a operación se realizase en condicións de plena competencia e sen ningún elemento de colusión.

Artigo 12. Servizos tecnolóxicos externos

1. Consideraranse servizos tecnolóxicos externos aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, avaliación da viabilidade tecnolóxica, potencial comercial e xestión da propiedade intelectual, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Se a actividade que se vai realizar forma parte da propia investigación, deberá ser considerada como subcontratación.

2. Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades do proxecto e deberán estar debidamente xustificados na memoria técnica.

3. Na fase de solicitude deberase especificar o provedor que realizará estes servizos.

Artigo 13. Ofertas

De acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que, polas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

No caso da liña 2 (IN852C), non será preceptiva a presentación das tres ofertas cando o gasto sexa realizado con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.

Artigo 14. Subcontratacións

1. Consideraranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.

2. As entidades beneficiarias das axudas reguladas nestas bases poderán subcontratar como máximo ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

3. Será obrigatoria a subscrición dun contrato entre a beneficiaria e a entidade subcontratista, que poderá condicionarse a resultar beneficiaria da subvención. Este contrato deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data de inicio e duración total, identificación dos investigadores participantes, orzamento total e desagregación por anualidades, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados. No contrato deberanse detallar as persoas que participan no proxecto, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas nel e a porcentaxe de dedicación ao proxecto. Todos estes aspectos serán revisados pola Axencia Galega de Innovación.

4. En ningún caso a entidade beneficiaria poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen a subvención por non reunir os requisitos ou non acadar a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª) Que se obteña a autorización previa da Axencia Galega de Innovación.

Artigo 15. Presentación das solicitudes

1. Cada membro da agrupación, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información contida no anexo I ou II segundo a liña a que se presente o proxecto. Desta presentación resultará un número de rexistro, que deberá facilitar á empresa líder.

2. Posteriormente, a empresa líder de cada agrupación presentará a súa solicitude (anexo I ou II, segundo a liña a que se presente a axuda). Para os efectos de presentación da solicitude do proxecto, unicamente se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, e será esta a súa responsabilidade, polo que se entenderán inadmitidas as solicitudes que non dispoñan da presentación do líder.

3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude as seguintes declaracións responsables relativas a cada unha das empresas da agrupación. Estas declaracións están incluídas nos formularios de solicitude de cada liña (anexo I ou II):

1º. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración do conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores, e durante o exercicio fiscal en curso en que se presenta a solicitude.

3º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

4º. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5º. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6º. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

7º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades para as cales se solicita a axuda.

8º. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) 651/2014 sobre empresas vinculadas.

9º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

10º. Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

11º. Que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, ou dous anos no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 euros a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (art. 125.4.d e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

12º. Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

13º. Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

Ademais, de xeito específico inclúese:

– No caso da liña 1 (IN852B):

14º. Declaración responsable de non consideración de empresa en crise antes do 31 de decembro de 2019 conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño. No obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

15º. Declaración responsable de que non estea suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

16º. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).

17º. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.

Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nas ditas declaracións no momento en que se produza.

5. As solicitudes deberán, ademais, acompañarse da documentación complementaria recollida no artigo seguinte.

6. O prazo de presentación de solicitudes por parte do líder da agrupación comenzará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e permanecerá aberto 45 días hábiles.

Artigo 16. Documentación complementaria necesaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación complementaria:

– Documentación económico-administrativa:

a) Contrato/s subscrito/s de subcontratación con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as dúas partes, no caso en que sexa necesario.

b) No caso de ter concedida algunha axuda, copia da resolución de concesión.

c) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, que acredite o seu poder bastante. Deberá achegarse no caso de apoderados de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria o mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil.

d) Declaración de conformidade de participación no proxecto asinada polo/s representante/s de cada unha das empresas da agrupación en que se outorgue ao líder do proxecto a autorización a favor do representante da agrupación para canalizar a súa relación coa Administración, segundo o anexo III.

e) No caso de poder mancomunado, autorización do resto dos socios a favor do representante (anexo IV) e autorización para a comprobación de datos das persoas socias mancomunados (anexo V).

f) Modelo de autorización de comprobación de datos do equipo investigador (anexo VI).

g) Modelo de declaración responsable relativa á condición de peme (anexo VII).

Ademais desta documentación, a empresa líder da agrupación presentará tamén:

h) Acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e obrigas que asume cada membro da agrupación co contido mínimo sinalado no artigo 4.4 desta resolución.

– Documentación técnica:

a) Memoria técnica do proxecto, segundo o índice que se inclúe no anexo XI, e na cal se incluirá unha descrición clara dos obxectivos, actividades do proxecto e indicadores cuantitativos que se propoñen para o seu seguimento. Ademais, deberá incluír a xustificación dos conceptos de gasto para os cales se solicita financiamento.

b) Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Comprobación de datos

1. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

d) DNI/NIE das persoas socias mancomunadas.

e) NIF da entidade socia mancomunada.

f) DNI/NIE do persoal investigador.

g) Títulos oficiais non universitarios do persoal investigador.

h) Títulos oficiais universitarios do persoal investigador.

E ademais:

i) Poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente. Esta consulta poderá facerse nos casos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén para o cargo de conselleiro delegado. Para outros apoderados de entidades mercantís distintos dos anteriores, aínda que dispoñan de poderes xerais ou especiais inscritos nun rexistro mercantil, non poderá acreditarse a súa representación por esta vía, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, e terá que achegarse o poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

l) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

m) Consulta de concesións pola regra minimis.

n) Consulta da vida laboral (TXSS) dos últimos 12 meses do equipo investigador.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I, II, V ou VI) e achegar os ditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións documentadas necesarias para garantir que as empresas beneficiarias que así o declaren teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) 651/2014. Ademais, na liña 1 comprobará que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 6 do artigo 2 desta convocatoria para considerar unha empresa en crise con data 31 de decembro de 2019.

Artigo 18. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 19. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 20. Información aos interesados

1. Sobre as diferentes liñas de axudas desta convocatoria, poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, na súa epígrafe de axudas.

b) No teléfono 981 54 10 71 da dita axencia.

c) No enderezo electrónico programas.gain@xunta.gal.

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 21. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a lles subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 22. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Programas será a competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións, e será competencia da Dirección da Axencia Galega de Innovación ditar as resolucións de outorgamento das ditas axudas.

2. Na xestión desta convocatoria, a Axencia Galega de Innovación contará co apoio, como entidades colaboradoras, dos hubs de innovación dixital acreditados como estratéxicos segundo a convocatoria para a selección de proxectos de hubs de innovación dixital que contribúan ao avance da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3) (Resolución do 4 de decembro de 2018, publicada no DOG do 18 de decembro de 2018).

3. Ao abeiro do disposto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, (LSG), estes hubs serán entidades colaboradoras e como tales asinarán o respectivo convenio de colaboración que se anexa a estas bases (anexo XII). Neste documento regúlase a participación e obrigas das ditas entidades nesta convocatoria.

4. Aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria serán remitidos aos hubs. Os DIH deberán emitir un informe motivado para cada un dos proxectos remitidos. O sentido do informe versará sobre a idoneidade ou a non idoneidade do proxecto presentado, en relación cos obxectivos e retos estratéxicos específicos do hub.

Estes obxectivos e retos deberán facerse públicos na paxina web de cada un dos DIH con anterioridade á publicación desta convocatoria. Todo isto, coa finalidade de que poidan ser coñecidos polas empresas solicitantes da axuda.

O informe solicitado deberá ser presentado no prazo de 20 días, e terá un carácter preceptivo e non vinculante para a Administración. Sen prexuízo do anterior, a Axencia Galega de Innovación poderá solicitar toda documentación aclaratoria respecto dos informes emitidos, así como solicitar unha ampliación dos argumentos contidos nos informes, ou formular calquera dúbida necesaria para poder levar a cabo a avaliación dos proxectos.

Para a repartición de proxectos entre os dous hubs, atenderase ao indicado no formulario pola agrupación solicitante, que deberá seleccionar, segundo o ámbito do seu proxecto, a que hub deberá remitirse para a realización deste informe. No caso de ámbitos comúns de colaboración entre os dous hubs, a agrupación solicitante poderá seleccionar que o seu proxecto sexa remitido aos dous, que deberán colaborar e redactar un informe integrado respecto a el.

5. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou non se xunta a documentación exixida, requirirase o interesado mediante anuncio publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación na web pola notificación individualizada.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

6. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 Galicia en que se enmarcan estas axudas.

7. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos con informe de idoneidade do hub positivo e que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos á Comisión de Selección.

8. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta. A inadmisión dun dos membros da agrupación por non reunir algún dos requisitos establecidos na resolución de convocatoria suporá a inadmisión do proxecto.

9. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 23. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes e estará composto por:

a) Un/unha director/a de área da Axencia Galega de Innovación, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

b) Un/unha xefe/a de departamento da Axencia Galega de Innovación ou persoa en quen delegue.

c) Dous empregados públicos da Axencia Galega de Innovación; un deles actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. A comisión realizará a selección de acordo co informe de avaliación realizado para cada solicitude conforme os criterios de valoración establecidos no artigo seguinte.

Proporase a concesión das solicitudes por orde decrecente de valoración ata esgotar os créditos dispoñibles, e, de ser o caso, quedarán como suplentes aquelas para as cales non se dispón de crédito suficiente, pero que acadaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima indicada para cada unha das liñas no artigo seguinte.

Tal e como se inclúe no artigo 5 anterior, de existiren remanentes de crédito, incrementarase o orzamento da liña en que exista unha maior demanda.

3. A Comisión de Selección emitirá un informe final en que figurarán, de xeito individualizado, as solicitudes propostas para obter a subvención, e especificarase a avaliación que lles corresponde. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada unha delas sen superar o crédito dispoñible.

Artigo 24. Criterios de valoración

A avaliación de cada solicitude que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria será realizada por xestores/as técnicos/as da Gain, que contarán co apoio de persoal experto externo.

1. A valoración de cada proxecto presentado a cada liña ou procedemento de axudas, que reúna os requisitos exixidos para cada unha nesta convocatoria, realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo á súa excelencia, á súa proposta de implementación e ao seu potencial impacto segundo os obxectivos de cada unha das liñas, segundo os seguintes criterios de valoración:

2. Para a liña 1 (IN852B):

2.1. No caso de proxectos de I+D:

A) Excelencia científico-técnica (máximo 40 puntos).

A.1) Calidade científico-técnica da proposta: grao de innovación e excelencia dos obxectivos tecnolóxicos do proxecto a nivel internacional (máximo 12 puntos).

A.2) Calidade e claridade dos obxectivos tecnolóxicos e a memoria técnica do proxecto. Viabilidade técnica da proposta (máximo 10 puntos).

A.3) Adecuación do proxecto para avanzar na especialización rexional no marco dos obxectivos do programa Europa dixital (máximo 10 puntos).

A.4) Idoneidade, coherencia e ambición dos indicadores cuantitativos propostos (máximo 8 puntos).

B) Implementación do proxecto (máximo 30 puntos).

B.1) Capacidade técnica e económico-financeira da agrupación para o desenvolvemento do proxecto (máximo 6 puntos).

– Adecuación do proxecto ás empresas da agrupación segundo a súa actividade.

– A capacidade tecnolóxica das distintas empresas da agrupación.

– A adecuación do tamaño da agrupación tendo en conta o seu orzamento total e a achega de cada membro.

– Adecuación do equipo humano do proxecto.

Sempre considerando na valoración destes aspectos a complementaridade entre os diferentes membros da agrupación.

B.2) Valoración da metodoloxía. Adecuación da planificación proposta para o desenvolvemento do proxecto. Plan de traballo (máximo 5 puntos).

B.3) Adecuación e xustificación do orzamento aos obxectivos e plan de traballo do proxecto (máximo 6 puntos).

B.4) Integración das pemes no proxecto, especialmente de empresas pequenas (máximo 8 puntos), tendo en conta:

– O grao de aliñamento coas súas necesidades.

– No caso de participar unha grande empresa, capacidade tractora desta sobre o resto de membros pemes da agrupación.

B.5) Grao de cooperación con outros axentes do Sistema galego de innovación. Colaboracións con organismos de investigación (máximo 5 puntos).

C) Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto (máximo 30 puntos).

C.1. Tecnolóxico (máximo 15 puntos):

C.1.1. Adecuación dos obxectivos de mercado nun contexto de cooperación interrexional a nivel internacional e capacidade das empresas da agrupación para acadalos (sempre considerando na valoración a complementaridade entre os diferentes membros da agrupación) (máximo 5 puntos).

C.1.2. Potencial da realización do proxecto para novas actuacións de I+D+I, especialmente nun contexto de colaboración interrexional a nivel internacional (máximo 5 puntos).

C.1.3. Plan de xestión da propiedade industrial. Dimensión do mercado potencial dos resultados do proxecto e viabilidade da proposta de explotación (máximo 5 puntos).

C.2. Socioeconómico (máximo 15 puntos):

C.2.1. Sinerxías e complementariedades con outras políticas (máximo 7 puntos):

C.2.1.1. A nivel europeo: (máximo 6 puntos):

– Co Pacto verde europeo (máximo 4 puntos).

– Cos principios de innovación responsable: medidas das empresas do consorcio para o fomento do equilibro de xénero nos equipos investigadores, grao de compromiso coa cidadanía e as súas necesidades (máximo 2 puntos).

C.2.1.2. A nivel nacional ou autonómico: uso potencial nas actividades do proxecto das infraestruturas financiadas ao abeiro do Programa de centros de fabricación avanzada do Igape (máximo 1 punto).

C.2.2. Repercusión do proxecto na actividade empresarial galega (máximo 8 puntos):

– Grao de mobilización do investimento privado e capacidade para a implicación de pemes á marxe das beneficiarias da axuda. Potencial efecto nas cadeas de valor a que se orientan os hubs estratéxicos (máximo 4 puntos).

– Xeración de emprego. Terase en conta o número e a duración dos novos contratos (máximo 4 puntos)

Para que unha solicitude poida ser financiada, deberá ter unha nota final igual ou superior aos 65 puntos.

2.2. No caso de proxectos de innovación en materia de proceso e organización:

A) Excelencia científico-técnica (máximo 30 puntos).

A.1) Calidade científico-técnica da proposta: grao de innovación e excelencia dos obxectivos tecnolóxicos do proxecto a nivel internacional (máximo 10 puntos).

A.2) Calidade e claridade dos obxectivos tecnolóxicos e a memoria técnica do proxecto. Viabilidade técnica da proposta (máximo 7 puntos).

A.3) Adecuación do proxecto para avanzar na especialización rexional no marco dos obxectivos do programa Europa dixital (máximo 7 puntos).

A.4) Idoneidade, coherencia e ambición dos indicadores cuantitativos propostos (máximo 6 puntos).

B) Implementación do proxecto (máximo 30 puntos).

B.1) Capacidade técnica e económico-financeira da agrupación para o desenvolvemento do proxecto (máximo 6 puntos).

– Adecuación do proxecto ás empresas da agrupación segundo a súa actividade.

– A capacidade tecnolóxica das distintas empresas da agrupación.

– A adecuación do tamaño da agrupación tendo en conta o seu orzamento total e a achega de cada membro.

– Adecuación do equipo humano do proxecto.

Sempre considerando na valoración destes aspectos a complementaridade entre os diferentes membros da agrupación.

B.2) Valoración da metodoloxía. Adecuación da planificación proposta para o desenvolvemento do proxecto. Plan de traballo (máximo 5 puntos).

B.3) Adecuación e xustificación do orzamento aos obxectivos e plan de traballo do proxecto (máximo 6 puntos).

B.4) Integración das pemes no proxecto, especialmente de empresas pequenas (máximo 8 puntos), tendo en conta:

– O grao de aliñamento coas súas necesidades.

– No caso de participar unha grande empresa, capacidade tractora desta sobre o resto de membros pemes da agrupación.

B.5) Grao de cooperación con outros axentes do Sistema galego de innovación. Colaboracións con organismos de investigación (máximo 5 puntos).

C) Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto (máximo 40 puntos).

C.1. Tecnolóxico (máximo 20 puntos):

C.1.1. Adecuación dos obxectivos de mercado nun contexto de cooperación interrexional a nivel internacional e capacidade das empresas da agrupación para acadalos (sempre considerando na valoración a complementaridade entre os diferentes membros da agrupación) (máximo 8 puntos).

C.1.2. Potencial da realización do proxecto para novas actuacións de I+D+I especialmente nun contexto de colaboración interrexional a nivel internacional (máximo 6 puntos).

C.1.3. Plan de xestión da propiedade industrial. Dimensión do mercado potencial dos resultados do proxecto e viabilidade da proposta de explotación (máximo 6 puntos).

C.2. Socioeconómico (máximo 20 puntos):

C.2.1. Sinerxías e complementariedades con outras políticas (máximo 8 puntos):

C.2.1.1. A nivel europeo: (máximo 7 puntos):

– Co Pacto verde europeo (máximo 5 puntos).

– Cos principios de innovación responsable: medidas das empresas do consorcio para o fomento do equilibro de xénero nos equipos investigadores, grao de compromiso coa cidadanía e as súas necesidades (máximo 2 puntos).

C.2.1.2. A nivel nacional ou autonómico: uso potencial nas actividades do proxecto das infraestruturas financiadas ao abeiro do Programa de centros de fabricación avanzada do Igape (máximo 1 punto).

C.2.2. Repercusión do proxecto na actividade empresarial galega (máximo 12 puntos):

– Grao de mobilización do investimento privado e capacidade para a implicación de pemes á marxe das beneficiarias da axuda. Potencial efecto nas cadeas de valor a que se orientan os hubs estratéxicos (máximo 6 puntos).

– Xeración de emprego. Terase en conta o número e a duración dos novos contratos (máximo 6 puntos).

Para que unha solicitude poida ser financiada, deberá ter unha nota final igual ou superior aos 65 puntos.

3. Para a liña 2 (IN852C).

A) Excelencia innovadora/carácter innovador (máximo 35 puntos).

A.1) Grao de innovación do proxecto (máximo 10 puntos).

A.2) Calidade e claridade dos obxectivos tecnolóxicos e a memoria técnica do proxecto. Viabilidade técnica da proposta (máximo 10 puntos).

A.2) Adecuación do proxecto para avanzar na especialización rexional no marco dos obxectivos do programa Europa dixital (máximo 9 puntos).

A.4) Idoneidade, coherencia e ambición dos indicadores cuantitativos propostos (máximo 6).

B) Implementación do proxexto (máximo 30 puntos).

B.1) Capacidade técnica e económico-financeira da agrupación para o desenvolvemento do proxecto (máximo 8 puntos), valorándose:

– Adecuación do proxecto ás empresas da agrupación segundo a súa actividade.

– A capacidade tecnolóxica e produtiva das distintas empresas da agrupación.

– A adecuación do tamaño da agrupación tendo en conta o seu orzamento total e a achega de cada membro.

– Adecuación do equipo humano do proxecto.

Sempre considerando na valoración destes aspectos a complementariedade entre os diferentes membros da agrupación.

B.2) Valoración da metodoloxía. Adecuación da planificación proposta para o desenvolvemento do proxecto. Plan de traballo e equipo humano (máximo 7 puntos).

B.3) Adecuación e xustificación do orzamento aos obxectivos e plan de traballo do proxecto (máximo 7 puntos).

B.4) Integración das pemes no proxecto, especialmente de empresas pequenas (máximo 8 puntos), tendo en conta:

– O grao de aliñamento coas súas necesidades.

– Potencial do proxecto para a consolidación de novas iniciativas empresariais.

C) Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto (máximo 35 puntos).

C.1. Tecnolóxico (máximo 15 puntos):

C.1.1. Adecuación dos obxectivos de mercado nun contexto de cooperación interrexional a nivel internacional e capacidade das empresas da agrupación para acadalos, sempre considerando na valoración a complementaridade entre os diferentes membros da agrupación (máximo 7,5 puntos):

C.1.2. Plan de xestión da propiedade industrial. Dimensión do mercado potencial dos resultados do proxecto e viabilidade da proposta de explotación (máximo 7,5 puntos):

C.2. Socioeconómico (máximo 20 puntos):

C.2.1. Sinerxías e complementariedades con outras políticas (máximo 5 puntos):

C.2.1.1. A nivel europeo: (máximo 4 puntos):

– Co Pacto verde europeo (máximo 3 puntos).

– Cos principios de innovación responsable: medidas das empresas do consorcio para o fomento do equilibro de xénero nos equipos investigadores e grao de compromiso coa cidadanía e as súas necesidades (máximo 1 punto).

C.2.1.2. A nivel nacional ou autonómico: uso potencial nas actividades do proxecto das infraestruturas financiadas ao abeiro do Programa de centros de fabricación avanzada do Igape (máximo 1 punto).

C.2.2. Repercusión do proxecto na actividade empresarial galega (15 puntos):

– Grao de mobilización do investimento privado e capacidade para a implicación de pemes á marxe das beneficiarias da axuda. Potencial efecto nas cadea de valor a que se orientan os hubs estratéxicos (máximo 7,5 puntos).

– Xeración de emprego. Terase en conta o número e a duración dos novos contratos (máximo 7,5 puntos).

Para que unha solicitude poida ser financiada, deberá ter unha nota final igual ou superior aos 70 puntos.

4. De cada proxecto faranse dúas avaliacións realizadas por asesores científicos externos que sexan especialistas na materia a que o proxecto se refira. Estes asesores avaliarán: a excelencia, a proposta de implementación do proxecto e o seu impacto tecnolóxico. Establecerase un panel de coordinación para unificar os criterios dos avaliadores.

No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 15 puntos, a nota final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 15 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, un terceiro avaliador externo deberá corrixir a dita puntuación, de xeito que esta quede sempre comprendida entre as notas inferior ou superior outorgadas polos outros dous asesores científicos externos.

O xestor técnico da Axencia Galega de Innovación a que se lle encomende o proxecto avaliará o seu impacto socioeconómico na economía galega e emitirá un informe técnico en que se determinará o custo subvencionable do proxecto e a intensidade de axuda que lle corresponde, segundo o establecido no artigo 6.

Deberán absterse de avaliar un proxecto aquelas persoas que estean vinculadas con el por calquera circunstancia, ás cales lles son de aplicación, ademais, as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015.

6. No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terán preferencia as propostas cunha maior puntuación na epígrafe de impacto. No caso de persistir o empate, terase en conta a puntuación obtida no criterio de excelencia científico-técnica.

Artigo 25. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución en cada unha das liñas desta convocatoria, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 26. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obteren a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, cando menos, e para cada liña ou procedemento:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades, indicando ademais o importe da axuda que ten carácter de minimis (en virtude do disposto no artigo 6 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013).

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberáselle notificar a cada beneficiario un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013:

https://www.dgfc.sepg.hacienda.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

6. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor onde conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

7. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao de remate do prazo para a presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

8. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, a notificación individual de concesión da axuda poderase acompañar tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 27. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, e deberase obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios no proxecto.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin dan dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto e que o beneficiario xustifique adecuadamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberase realizar de forma expresa, e notificaráselle ao interesado.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas cun límite do vinte por cento do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. Esta redistribución deberá ser solicitada antes do 30 de xuño no caso da anualidade 2022 e antes do 1 de febreiro para a de 2023.

Artigo 28. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) (anexo VIII), así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da dita norma.

Artigo 29. Réxime de recursos

1. Segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria os interesados poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de alzada en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 30. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o Regulamento (UE) 1303/2013 e o Regulamento (UE) 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicarlle á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Desenvolver as actividades financiadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida; isto debe ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

k) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

l) Dar publicidade das axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipaemntos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e os principais avances. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación», así como cofinanciado con cargo aos fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

m) Realizar un evento de difusión ao comezo das actividades para explicar os seus obxectivos e outro á súa finalización para expor os resultados non suxeitos a confidencialidade. En ambos os eventos se porá de manifesto o apoio do Feder e da Axencia Galega de Innovación.

n) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo que dá apoio á operación e ao lema «Unha maneira de facer Europa».

2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición na páxina web da entidade beneficiaria, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

3. Colocar durante a execución do proxecto nun lugar visible un cartel informativo, de tamaño A3, para informar o público do apoio obtido. Ademais, no caso de que o proxecto consista na compra dalgún obxecto físico e o custo total subvencionable sexa superior aos 500.000 euros, deberá colocarse, nun lugar ben visible para o público, unha placa permanente de tamaño significativo. O cartel informativo e a placa permanente indicarán o nome e o obxectivo principal da operación, e elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) 821/2014, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1302/2013. Pode ademais consultarse a Guía de comunicación do PO Feder Galicia 2014-2020 no seguinte enderezo:

http://www.fondoseuropeos.gal/documents/12405111/20497915/GuiaComunicacion_1420_20170208/0f6734e4-f571-4e6e-bb47-003c30dd21db

4. No caso de persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.1), e a presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades financiadas, o beneficiario deberalle comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.1) e incluirá unha mención expresa ao nome da proposta financiada, a presente convocatoria e a porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades financiadas.

ñ) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar a documentación xustificativa relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, ou dous anos no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 euros a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (artigos 125.4.d e 140.1 do Regulamento 1303/2013). O órgano concedente informará o beneficiario da data de inicio a que se refire esta obriga.

As operacións cuxo gasto total subvencionable sexa inferior a 1.000.000 euros, poranse á disposición da Comisión e do Tribunal de Contas Europeo, se así o solicitan, durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

o) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación, ou dous anos no caso de operacións cun investimento subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

p) Informar do nivel de logro dos indicadores asociados á actuación baixo a cal obtivo financiamento, ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos. Estes indicadores son:

– C029 Número de empresas subvencionadas para introducir novos produtos na empresa.

– C001 Número de empresas que reciben axudas.

q) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia e a Estratexia galega de hubs de innovación dixital ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación. No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na compilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de Innovación, durante a execución e á finalización da axuda (ex-post), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores entre os cales se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+I e os de produtividade do proxecto.

r) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da Axencia, para o cal será convocado expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa pertencente ao cadro de persoal do beneficiario vinculada ás tarefas de innovación.

s) Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

t) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 31. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, a empresa líder do proxecto, como representante da agrupación, deberá presentar electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención de todos os socios utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal.

2. Prazos de xustificación:

2.1. Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

a) Liña 1 (IN852B):

– Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude do líder ata o 31 de decembro de 2021.

– Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 30 de novembro de 2022.

– Terceira anualidade: desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

b) Liña 2 (IN852C):

– Primeira anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 30 de novembro de 2022.

– Terceira anualidade: desde o 1 de decembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

2.2. Prazos de presentación da documentación:

a) Liña 1 (IN852B):

– Primeira anualidade: ata o 31 de marzo de 2022.

– Segunda anualidade: ata o 10 de decembro de 2022.

– Terceira anualidade: ata o 7 de maio de 2023.

b) Liña 2 (IN852C):

– Primeira anualidade: ata o 31 de marzo de 2022.

– Segunda anualidade: ata o 10 de decembro de 2022.

– Terceira anualidade: ata o 7 de maio de 2023.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios correspondentes para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), e será preciso presentar a documentación de xeito ordenado seguindo a estrutura establecida nas instrucións.

4. Sen prexuízo da documentación indicada nos artigos seguintes, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención a empresa non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriraa para que no prazo improrrogable de dez días a presente e advertiralle que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 32. Documentación xustificativa económica

1. O líder deberá presentar un resumo global de execución para a totalidade do proxecto e unha carpeta separada por cada un dos membros da agrupación en que conste:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade e custos, así como das axudas de minimis utilizando o modelo que aparece como anexo IX a esta resolución.

Todos os modelos estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas concedidas.

b) No caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, certificados acreditativos de estar ao día.

c) Un resumo da execución do proxecto en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gasto.

d) De ser o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e das súas desviacións de forma xustificada.

e) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

f) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con orixinais ou copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios ou documentos obtidos a través da banca electrónica. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Debe terse en conta que na liña 2, de ser o caso, deberán achegarse as facturas acreditativas dos custos realizados con anterioridade á data de solicitude.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas ditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados consonte o establecido nos parágrafos anteriores.

g) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá achegarse:

1º. Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable de recursos humanos co visto e prace do representante legal da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades do proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo ao organismo de investigación/empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social) segundo a dedicación de cada traballador ás actividades do proxecto.

2º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao proxecto subvencionado asinadas por cada traballador/a e a persoa responsable da entidade. Con estas follas xuntarase un resumo onde conste o número total de horas efectivamente dedicadas ao programa no período subvencionable (total de meses e de traballadores).

3º. Xustificación da comunicación por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

4º. Declaración asinada polo responsable de recursos humanos cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades do proxecto, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración, e as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo de dous meses desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.

5º. Copias das nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e copias dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos.

6º. Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo de dous meses desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.

No caso de traballadores autónomos, deberanse achegar nóminas e xustificantes bancarios do seu pagamento, así como xustificantes de pagamento das cotas á Seguridade Social.

7º. Informe de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación e que comprenda toda a anualidade. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación.

8º. No caso de persoal de nova contratación, deberá achegarse copia do contrato de traballo en que se poida verificar a exclusividade ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica.

9º. Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración pública ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo (anexo XIII) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal.

h) De acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso da prestación de servizo ou entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto fose realizado con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

i) No caso de equipamento e material instrumental, declaración asinada polo representante legal de cada empresa onde se detalle:

1º. Que o equipamento e o material instrumental imputado á subvención non foi adquirido con fondos ou axudas públicas.

2º. De ser o caso, o cadro de amortización de cada equipo calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

k) No caso de alugamento ou leasing, será necesario achegar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

l) No caso das subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

1º. Copia da/das factura/s emitida/s pola entidade subcontratada en que se especifique claramente o título do proxecto financiado e o contido das actividades do programa financiadas.

2º. Xustificantes de pagamento da/das factura/s da subcontratación.

3º. Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no proxecto, en que se debe incluír unha relación das persoas que participaron no proxecto, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas nel e a súa porcentaxe de dedicación ao proxecto.

2. Debido ás dificultades coas que se están a encontrar nos rexistros da Xunta de Galicia para poder autenticar grandes volumes de documentación nos prazos exixidos dados os medios materiais e persoais de que dispoñen, será suficiente que nos prazos establecidos polas bases reguladoras se presente a través da sede electrónica toda a documentación exixida, acompañada dunha declaración responsable sobre a súa autenticidade, sen prexuízo de que posteriormente se requira aquela documentación que non estea autenticada.

Artigo 33. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica das actividades desenvolvidas será única para todos os membros da agrupación e responsabilidade do líder, e constará de:

a) Informe técnico normalizado, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

b) Memoria redactada en formato libre sobre a evolución do proxecto, en que se deberá incluír:

– Os valores dos indicadores de seguimento do proxecto de maneira xustificada.

– A xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 30.

c) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas nesta convocatoria, de conformidade co Regulamento (UE) 1303/2013 e o Regulamento de execución (UE) 821/2014.

Tanto o informe técnico como a memoria deberán presentarse en formato pdf e en soporte electrónico.

Artigo 34. Pagamento

1. O pagamento farase efectivo, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto, sen necesidade de achegar ningún tipo de garantías.

2. O pagamento efectuarase a cada un dos membros da agrupación de empresas que participan no proxecto.

3. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tras a autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán superar o 80 % da axuda concedida.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

4. Pagamentos anticipados.

Para realizar os pagamentos anticipados, a entidade beneficiaria deberá presentar solicitude motivada.

Os pagamentos anticipados poderán acadar ata o 75 % da subvención concedida sen superar o importe da anualidade correspondente, de acordo co establecido no artigo 63.3 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia. A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

6. Rematado o proxecto, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención, e é obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación a todos os membros da agrupación. Tras esta visita, efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento e se foi:

a) Excelente.

b) Positivo.

c) Negativo se non se conseguen as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto inicial por un baixo desempeño ou deficiente organización. Neste caso, deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento de cada empresa participante da agrupación.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non é oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate, de forma razoable e suficiente, a realización da actividade subvencionada, e no caso de activos tanxibles polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario, de modo que se poida comprobar o correcto funcionamento destes e as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade da normativa Feder, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección».

Artigo 35. Garantías

No caso de pagamentos á conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 36. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento por parte do beneficiario de estar ao día das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese aboado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 37. Causas de reintegro

A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos proporcionados polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 38. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando no se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación de axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada no seguinte punto deste artigo soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a estas obrigas.

3. Nos seguintes casos de incumprimento, reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Se se tivese incumprido a obriga de dar publicidade ao financiamento do proxecto, consonte o establecido no artigo 30 desta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

b) Se se tivesen incumprido as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que realice a devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación de expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

4. Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) No caso de que o custo total do proxecto finalmente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable para cada unha das liñas de axuda, reducirase a intensidade da axuda a cada un dos membros da agrupación aplicando o seguinte factor de corrección:

Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 2.5 fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

c) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación é inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a axuda aplicando o seguinte factor de corrección: Fc= 1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

d) Se se tivese incumprido a obriga de dar publicidade ao financiamento do proxecto, consonte o establecido no artigo 30 desta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

e) Se se tivesen incumprido as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que realice a devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación de expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

Artigo 39. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 40 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicaráselle ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro porá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 40. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro anos.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no punto 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No suposto de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o ministerio fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario ou da entidade colaboradora conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 41. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento aos beneficiarios as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, poderá propor a suspensión da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar anualmente os beneficiarios a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Previamente ao pagamento final da subvención, será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco do seu plan anual de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

6. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 42. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do cofinanciamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, no caso da liña 1 (IN852B).

b) Regulamento 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no caso das liñas 1 (IN852B) e 2 (IN852C).

c) Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.

d) Regulamento (UE) 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1080/2006.

e) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

f) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e de maneira supletoria a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

g) A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento e o Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013 e (UE) 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote de COVID‐19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

h) Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento e o Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1301/2013 e (UE) 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao brote de COVID-19.

Artigo 43. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Disposición adicional primeira. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, no marco da presente convocatoria, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI

Índice memorias técnicas

1. Resumo do proxecto.

2. Excelencia da proposta.

– Descrición dos obxectivos tecnolóxicos do proxecto de xeito xeral e específico para cada unha das entidades integrantes da agrupación.

– Antecedentes e estado da arte nacional e internacional. Xustificación da novidade que supón con respecto a estes antecedentes. Necesidade de abordar o proxecto.

– Xustificación da adecuación do proxecto ao/s obxectivo/s do Programa Europa dixital a que se orienta e coherencia coa/s área/s estratéxicas do hub ás cales contribuirá no marco da RIS3 Galicia.

– Xustificación da idoneidade e coherencia dos indicadores propostos.

3. Implementación da proposta.

3.1. Descrición xeral da agrupación:

– Adecuación do proxecto ás actividades e estratexia da agrupación solicitante indicando os antedecentes de cada unha delas. Descrición das capacidades tecnolóxicas, comerciais e produtivas das empresas da agrupación que aseguran a viabilidade do desenvolvemento do proxecto. Antecedentes que avalan esta capacidade.

– Xustificación do equilibrio e complementariedade entre as diferentes entidades da agrupación.

– Xustificación da capacidade técnica dos membros do equipo tendo en conta os seus CV.

3.2. Descrición detallada do Plan de traballo do proxecto:

– Identificación e descrición das principais fases/actividades técnicas do proxecto (paquetes de traballo con tarefas e subtarefas asociadas), indicando para cada unha: os seus obxectivos científico-técnicos específicos, as entidades participantes, os resultados esperados e o seu orzamento.

– Cronograma das fases/actividades previstas (Gantt, PERT). Metodoloxía de execución das distintas tarefas e subtarefas descritas indicando a súa interrelación.

No caso da liña 2, deberase describir o novo produto que se vai desenvolver, incluíndo a súa posible integración no sistema produtivo das empresas da agrupación. Será necesario, ademais, detallar as normas e homologacións que terá que cumprir e a maneira prevista para acadalas.

– Descrición da estrutura organizativa do proxecto. Mecanismos de control e seguimento do desenvolvemento das actividades de cada socio.

– Descrición detallada das tarefas que van desenvolver organismos de I+D+I (centros tecnolóxicos, universidades, etc.) que se subcontraten, acreditando a necesidade desa subcontratación segundo a súa contribución e adecuación aos obxectivos e actuacións do proxecto.

– Descrición detallada da participación de pequenas empresas no proxecto tanto a nivel de socio como de entidades subcontratadas.

– No caso de participar unha grande empresa (liña 1), xustificación da capacidade tractora desta sobre o resto de membros pemes da agrupación.

3.3. Xustificación do orzamento solicitado:

– Xustificación das distintas partidas en que se distribúe o orzamento do proxecto entre os diferentes socios.

– Descrición dos aparellos e equipamentos de investigación que se van adquirir, dos materiais, das subcontratacións e doutro tipo de colaboracións técnicas, así como dos custos de persoal, xustificando a súa necesidade.

No caso da liña 2, deberanse describir de xeito detallado aquelas partidas de gasto xa executadas e xustificar a súa necesidade.

– Adecuación do orzamento ao tamaño e capacidade do consorcio. Xustificación da solvencia financeira de cada socio da agrupación para asumir a execución do seu orzamento no proxecto.

– Xustificación do efecto incentivador da axuda (só no caso da liña 1).

4. Impacto tecnolóxico e socioeconómico.

4.1. Impacto tecnolóxico:

– Descrición detallada dos obxectivos de mercado do proxecto.

– Mercado potencial e Plan de negocio previsto para a comercialización dos resultados de I+D+i do proxecto. Xustificación da capacidade da agrupación para o seu desenvolvemento. No caso da liña 2, este punto deberá describirse de maneira moi detallada.

– Describir o impacto do proxecto na competitividade de cada empresa da agrupación. No caso da liña 2, especificarase a capacidade produtiva actual e futura das empresas da agrupación debida ao proxecto de acordo co plan de negocio previsto.

– Xustificación do impacto potencial do proxecto en mercados internacionais. Capacidade de internacionalización das empresas derivada do proxecto.

– Plan de continuidade de novos desenvolvementos na/nas área/s estratéxica/s a que se orienta o proxecto.

– Plan de xestión da propiedade intelectual e industrial derivado do proxecto. Asignación de dereitos de propiedade sobre os resultados, mecanismos de protección previstos, etc.

4.2. Impacto socioeconómico:

– Descrición da contribución do proxecto aos obxectivos do Pacto verde europeo.

– Descrición das medidas das empresas da agrupación, adoptadas ou previstas, orientadas ao fomento da innovación responsable.

– Sinerxías do proxecto cos outros apoios públicos.

– Descrición do grao de mobilización do investimento privado derivado do proxecto.

– Efecto esperado do proxecto nas cadeas de valor a que se orienta. Capacidade dos resultados do proxecto para implicar novas pemes, especialmente pequenas empresas.

– Descrición da creación de emprego para o desenvolvemento do proxecto e a derivada del, detallando homes e mulleres.

ANEXO XII

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación
e as entidades colaboradoras Asociación para la Digitalización de la Industria
de Galicia e Asociación DIH Datalife para o apoio na xestión da convocatoria
para a selección de proxectos no marco do programa Conecta hub

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

REUNIDOS

Dunha parte, Francisco José Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e presidente da Axencia Galega de Innovación (en diante, GAIN), actuando no exercicio das competencias que ten atribuídas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro; 7/2002, do 27 de decembro; 2/2007, do 28 de marzo, e 12/2007, do 27 de xullo, e polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, modificado polo Decreto 15/2014, do 6 de febreiro.

Doutra parte, Juan Antonio Lloves Guntín, NIF 36100892T, en nome e representación do hub Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia (NIF G27877166), na súa calidade de presidente, en virtude de acta fundacional, con capacidade para asinar convenios segundo o artigo 33 dos Estatutos da devandita entidade.

Doutra parte, Pablo Álvarez Freire, NIF 52495311L, en nome e representación do hub Asociación DIH Datalife-Hub de Innovación Dixital DATAlife (NIF G70603063), na súa calidade de presidente, en virtude de acta fundacional da asociación, con capacidade para asinar convenios segundo o artigo 23, punto f), dos Estatutos da devandita entidade.

Ambas as partes se recoñecen capacidade legal e xurídica suficiente para formalizar o presente convenio e, para o efecto,

EXPOÑEN:

Primeiro

Que a Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública autonómica encadrada nas entidades instrumentais do sector público autonómico reguladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico, tal e como se recolle no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos. A Axencia está adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria e conta con personalidade xurídica propia diferenciada respecto da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía de xestión nos termos que precisen as leis.

Que os estatutos da GAIN lle atribúen, entre outras funcións, as de ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19 do Estatuto de autonomía de Galicia; a promoción, xestión e execución do Plan galego de investigación e innovación, asumindo a súa coordinación, seguimento e avaliación.

Así mesmo, de acordo cos seus estatutos, ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da posta en marcha de estratexias de innovación eficientes.

Para a consecución dos seus obxectivos, a GAIN, de acordo co artigo 10 dos seus Estatutos, poderá cooperar con outras administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias e funcións, e con entes do sector privado, a través dos correspondentes convenios de colaboración.

Segundo

A Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) define o marco para as políticas de investigación e innovación supeditando as prioridades de investimento a tres retos. Cada un destes retos ten asociadas unha serie de prioridades e liñas de acción específicas, aliñadas cos obxectivos e principais programas de innovación nacionais e europeos, entre os cales cabe destacar as respectivas axendas dixitais e o programa H2020.

Considerando este contexto, a Xunta de Galicia, de forma coherente e coordinada coas orientacións en materia de dixitalización e especialización intelixente da Comisión Europea, aposta por un modelo de hubs de innovación dixital que permitan á pequena e mediana empresa innovar a través das novas tecnoloxías, logrando ser así máis competitivas e gañar en tamaño. Así, a través de dinámicas de colaboración público-privada que agrupen e articulen de forma aberta todos os axentes do ecosistema de I+D+i en ámbitos estratéxicos para Galicia, búscase mellorar a competitividade da economía galega.

Os hubs de innovación dixital son estruturas funcionais de soporte que axudan as empresas a seren máis competitivas, a melloraren os seus procesos comerciais/de produción, así como os seus produtos e servizos a través das tecnoloxías dixitais.

Os hubs de innovación dixital permiten aliñar máis eficientemente o coñecemento coas necesidades do tecido empresarial e os mercados, facilitando á industria o acceso a diferentes servizos de innovación que posibilitan unha adecuada integración de tecnoloxías emerxentes na súa estratexia de negocio. O enfoque tecnolóxico dos hubs de innovación dixital debe cubrir de forma prioritaria tecnoloxías que presenten un potencial importante para a industria, pero cunha taxa de penetración actual limitada.

Terceiro

Que a GAIN ten previsto publicar proximamente as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas para o financiamento de proxectos colaborativos en áreas estratéxicas para os hubs de innovación dixital galegos que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia (programa Conecta hub), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Cuarto

Que o hub Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia (NIF G27877166), constituído o 28 de novembro de 2019, é unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia e con plena capacidade de obrar.

Que o hub Asociación DIH DATAlife-Hub de Innovación Dixital DATAlife (NIF G70603063), constituído o 31 de outubro de 2019, é unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia e con plena capacidade de obrar.

Quinto

Que segundo a Resolución do 5 de abril de 2019 (DOG do 3 de maio de 2019), os hub Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e Asociación DIH DATAlife resultaron seleccionados na convocatoria (Resolución do 4 de decembro de 2018, publicada no DOG do 18 de decembro de 2018) para a selección de proxectos de hubs de innovación dixital que contribúan ao avance da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), recoñendo así o seu carácter estratéxico no marco da RIS3 Galicia.

Que o 16 de decembro de 2019 os hubs Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e Asociación DIH DATAlife asinaron os convenios de colaboración coa GAIN para o financiamento das actuacións necesarias para creación, definición, planificación e posta en marcha do hub de Innovación Dixital. A distribución do orzamento nas anualidades 2019 e 2020 deses convenios foi modificada nas respectivas addendas asinadas, en ambos os dous casos o 31 de decembro de 2019.

Sexto

Que a selección dos hub Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e Asociación DIH DATAlife na convocatoria sinalada no punto anterior implica o recoñecemento do seu carácter estratéxico por parte da Administración galega e, polo tanto, permite a súa participación como entidade colaboradora apoiando a GAIN na xestión da convocatoria para a selección de proxectos no marco do programa Conecta hub.

Sétimo

Que as partes consideran o fin de asegurar a coherencia dos proxectos seleccionados coas estratexias dos hubs para maximizar o seu impacto, avanzando así no modelo de especialización intelixente ao abeiro da RIS3 de xeito conxunto, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes

Cláusulas

Primeira. Obxecto

O presente convenio ten por obxecto regular as condicións da colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e a Asociación DIH DATAlife para a participación dos hubs asinantes, como entidades colaboradoras, apoiando a GAIN na xestión da convocatoria para a selección de proxectos no marco do programa Conecta hub.

Segunda. Entidades colaboradoras

Os hubs Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e Asociación DIH DATAlife actuarán como entidades colaboradoras, segundo o disposto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciónsde Galicia, apoiando a GAIN na xestión da convocatoria para a selección de proxectos no marco do programa Conecta hub. O obxectivo desta actuación é impulsar o papel dos hubs como axentes articuladores do Sistema galego de innovación, asegurando a coherencia dos apoios aos proxectos do programa Conecta hub coas súas liñas estratéxicas e avanzando cara á súa tarefa de portelos únicos.

Terceira. Descrición da participación como entidades colaboradoras

A participación, como entidades colaboradoras, da Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e da Asociación DIH DATAlife no programa Conecta hub será efectiva nos ámbitos que se indican a continuación:

• Colaborando coa GAIN na xestión da convocatoria para a selección de proxectos no marco do programa Conecta hub. Esta actuación intégrase tamén no marco de traballo compartido ao abeiro dos respectivos convenios xa asinados coa GAIN para optimizar o impacto do financiamento público ao supervisar a coherencia das propostas financiadas na convocatoria do programa Conecta hub cos obxectivos estrátexicos e o Plan de explotación dos hubs.

• Colaborando coas empresas participantes na resolución de dúbidas que poidan ter en relación cos obxectivos e co desenvolvemento dos hubs.

• Difundindo a convocataria e os seus resultados como entidade facilitadora próxima ao tecido produtivo.

Os hubs Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e Asociación DIH DATAlife emitirán os seguintes informes:

• Fase de selección de proxectos:

– O sentido do informe versará sobre a idoneidade ou a non idoneidade do proxecto en relación cos obxectivos estratéxicos e retos específicos de cada hub. Estes obxectivos e retos deberán facerse públicos na páxina web de cada un dos hub con anterioridade á publicación da convocatoria para a selección de proxectos. Todo isto, coa finalidade de que poidan ser coñecidos polas empresas solicitantes da axuda.

– O informe solicitado deberá ser presentado no prazo de 20 días e será preceptivo pero non vinculante para a Administración.

– Sen prexuízo do anterior, a GAIN poderá solicitar toda a documentación aclaratoria respecto dos informes emitidos, así como solicitar unha ampliación dos argumentos contidos nos informes, ou plantexar calquera dúbida necesaria para poder levar a cabo a avaliación dos proxectos.

• Fase de seguimento dos proxectos financiados: cada hub emitirá os informes individuais dos proxectos financiados que lle sexan asignados en relación coa coherencia do desenvolvemento de cada proxecto cos obxectivos estratéxicos do hub.

Cuarta. Obrigas de cada entidade colaboradora

Cada entidade colaboradora obrígase, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao seguinte:

a) Redactar os informes e cumprir os demais aspectos da colaboración que se establecen nas cláusulas deste convenio e que se poderán concretar nas respectivas bases reguladoras e convocatoria do programa Conecta hubs.

b) Divulgar o programa Conecta hub de GAIN e dar publicidade da iniciativa mediante anuncios indicativos e visibles na páxina web, onde consten con notoriedade os logotipos da Xunta de Galicia e da GAIN.

c) Difundir os resultados dos proxectos que se desenvolvan no marco do programa Conecta hub.

d) Presentar a documentación que a GAIN considere necesaria para a correcta xestión e seguimento da convocatoria.

e) Cumprir as obrigas previstas para as entidades colaboradoras no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Cumprir as normas sobre confidencialidade de datos, concretamente a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

g) Subministrar toda a información necesaria para que a GAIN poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

h) Dar consentimento expreso á GAIN para incluír e facer público, nos rexistros regulados polo Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e sancións, os datos referidos ao presente convenio.

i) Consentir expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre a entidade colaboradora e GAIN nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

j) Presentarlle á GAIN unha declaración individual de confidencialidade e ausencia de conflito de interese (segundo o modelo do anexo I) de cada persoa que vaia a participar nas actuacións que se desenvolven no marco deste convenio.

Quinta. Financiamento

As actuacións desenvolvidas no marco deste convenio non xerarán nin darán lugar a ningunha clase de contraprestación económica entre as entidades asinantes.

Sexta. Compromisos de cada entidade colaboradora previos á sinatura do convenio

Presentar a seguinte documentación:

• Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora consideradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Presentar as declaracións individuais de confidencialidade e ausencia de conflito de intereses establecidas no punto h) da cláusula cuarta deste convenio. Se despois da sinatura do convenio se incorpora algunha persoa máis ao equipo que terá acceso á información e documentación enviada por GAIN, o hub deberá enviar á GAIN a correspondente declaración antes de que esa persoa teña acceso á referida información e/ou documentación.

• Presentar os obxectivos estratéxicos e os retos específicos.

• Cada hub deberá publicar na súa páxina web os seus obxectivos estratéxicos e os retos específicos.

Sétima. Seguimento e evolución

Para garantir a correcta execución e seguimento do pactado neste convenio, constituirase unha Comisión de Seguimento e Coordinación integrada por dous representantes da GAIN e dous representantes de cada entidade colaboradora designados para tal efecto por cada parte.

Son funcións da Comisión as seguintes:

1. Realizar o seguimento das actuacións do convenio. Para garantir un correcto seguimento, a Comisión realizará as reunións que sexan necesarias para garantir o correcto desenvolvemento da convocatoria.

2. Propor solucións aos conflitos que puidesen xurdir na aplicación e interpretación das cláusulas.

3. As que sexan precisas para garantir a correcta execución do convenio.

A Comisión poderá reunirse as veces que sexan precisas por solicitude de calquera das partes asinantes.

Esta comisión rexerase en canto á súa constitución, funcionamento e adopción de acordos pola normativa vixente en materia de órganos colexiados regulada na sección 3ª do capítulo primeiro do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Oitava. Causas de resolución

Serán causas de resolución do presente convenio as seguintes:

– O incumprimento de calquera das cláusulas establecidas no convenio.

– O transcurso do tempo establecido sen que se desenvolvan as actividades previstas.

– O mutuo acordo das partes.

Novena. Publicidade e rexistro de convenios, transparencia e bo goberno

Cada entidade colaboradora do presente convenio consente expresamente o tratamento necesario dos datos relevantes deste convenio e a súa publicación na páxina web da GAIN e no Diario Oficial de Galicia, coas excepcións previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A sinatura deste convenio suporá o consentimento expreso por parte de cada entidade colaboradora para que a Administración galega inclúa e faga públicos os datos referidos ao presente convenio, de conformidade co artigo 5 da Lei 1/2016, de transparencia e bo goberno, relativo aos deberes específicos en materia de información sobre convenios, e co disposto no Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia.

Décima. Inexistencia de relación laboral

A subscrición do presente convenio non implica relación laboral, contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que vaian desenvolver as actividades deste e a GAIN, de maneira que non se lle poderá exixir responsabilidade ningunha, nin directa nin subsidiaria, polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento.

Décimo primeira. Vixencia

O presente convenio de colaboración estará en vigor desde o momento da súa sinatura e estará vixente durante o mesmo período de duración que o dos proxectos que resulten seleccionados na convocatoria Conecta hubs.

Décimo segunda. Natureza xurídica e resolución de conflitos

Este convenio terá carácter administrativo, rexerase polas súas propias cláusulas e en todo o non recollido nelas aplicaráselle o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no seu regulamento aprobado no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na restante normativa que de ser o caso resulte de aplicación.

E en proba de conformidade, subscriben o presente documento por triplicado exemplar no lugar e data indicados no encabezamento.

Pola Axencia Galega de Innovación

Francisco José Conde López

Pola Asociación para la Digitalización
de la Industria de Galicia

Juan Antonio Lloves Guntín

Pola Asociación DIH DATAlife

Pablo Álvarez Freire

ANEXO I

Declaración de confidencialidade e ausencia de conflito de interese
para a participación, como parte da entidade colaboradora...................,
no programa Conecta hub

........................................................................................ con DNI ........................

Declaro:

• Que coñezo que a documentación que me facilitará a GAIN, a través do hub......................., para a realización das actividades indicadas nas cláusulas do convenio subscrito entre a devandita entidade e a Axencia Galega de Innovación ten carácter confidencial.

• Que me comprometo a manter e gardar a máis absoluta confidencialidade, segredo profesional e reserva de todos os datos e información intercambiada, así como da documentación derivada que puidese xerarse; a utilizala única e exclusivamente para os efectos de desempeñar as tarefas atribuídas ao hub.................................................. como entidade colaboradora no programa Conecta hub, todo iso de conformidade co establecido nas cláusulas do convenio subscrito entre a devandita entidade e a Axencia Galega de Innovación.

• Que, en caso de cesión ou acceso por terceiros, comprométome a informar do carácter confidencial da información cedida/accedida e das medidas e implicacións desta cualificación.

• Que non estou incurso nunha situación de conflito de interese nin teño ningún tipo de incompatibilidade para analizar a información e documentación que me sexa asignada.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

SINATURA:

missing image file
missing image file