Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9602

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade de varias encargas a un medio propio realizadas por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 11 de decembro de 2020, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), o servizo técnico de apoio á tramitación das axudas ao abeiro do Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES e MOVES II).

– Actividade: apoio técnico na tramitación das axudas do programa MOVES e MOVES II.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto, con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. O orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e cinco mil cincocentos corenta e cinco euros con sesenta e seis céntimos (75.545,66 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06 A3 733A 227.99 (código proxecto 201500006).

2. Resolución do 18 de decembro de 2020, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), o servizo de asistencia técnica ao mantemento informático da aplicación Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia e o control técnico das certificacións rexistradas durante o ano 2021.

– Actividade: mantemento correctivo e evolutivo da aplicación RGEEE e execución do plan de control dos certificados de eficiencia enerxética de edificios rexistrados.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto, con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. O orzamento de execución ascende á cantidade de cento nove mil catrocentos sesenta e sete euros con corenta e seis céntimos (109.467,46 €), de acordo coa seguinte repartición por aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria (código proxecto)

Anualidade 2021

06-A3-733A-227.99 (201500006)

69.880,26 €

06-A3-733A-640.91 (201500006)

39.587,20 €

Totais

109.467,46 €

3. Resolución do 1 de febreiro de 2021, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., Tragsatec, os servizos de desenvolvemento de novas funcionalidades/aplicacións, soporte e mantemento de varios sistemas de tramitación de procedementos electrónicos, e o mantemento e actualización de contidos da web www.observatoriobiomasa.gal

– Actividade: soporte e mantemento de varios sistemas de tramitación de procedementos electrónicos, e o mantemento e actualización de contidos da web www.observatoriobiomasa.gal

– Natureza e alcance da encarga: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologias y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de febreiro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2022.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. O orzamento de execución ascende á cantidade de cento setenta e tres mil cincocentos noventa e oito euros con setenta e catro céntimos (173.598,74 €), da aplicación orzamentaria 09 A2 733A 640.91, código proxecto 201500006, distribuídos segundo o seguinte cadro de anualidades:

2021: 158.026,09 €.

2022: 15.572,65 €.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia