Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2021 Páx. 9669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2021 polo que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/7/2013.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de decembro de 2020, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 11.7.2017, 20.11.2012, 30.11.2017, 17.10.2018 e 2.8.2019, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha nave industrial, sita no lugar de Santa Cruz de Rábeda, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense, por ser incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e ordénase a súa demolición.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución a Daniel Cid Babarro, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpor recurso de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística