Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de xaneiro de 2021, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización de departamentos de usuarios para armadores no dominio público portuario de Caión.

Quedando dispoñibles no porto de Caión departamentos para armadores, no dominio público portuario de Caión, procédese a abrir convocatoria pública para ocupalos no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administraciones públicas, pero, en todo caso, deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está disponible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña , 28 de xaneiro de 2021

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro