Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 839/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 839/2018 deste xulgado se ditou a Sentenza do 2.12.2020 contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en forma legal a José Ramón Collazo Yáñez, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza