Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/AG/2015/00137, interposto contra a resolución ditada no expediente DH.B36.16453.

En aplicación da disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que se relaciona no anexo o acto que se indica, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, para o coñecemento da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade

ANEXO

Número recurso alzada /Número expediente autorización

Persoa interesada

Acto notificado

RA/AG/2015/00137

DH.B36.416453

Josefa Fente Abal

Resolución de recurso