Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9947

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos desta universidade.

Mediante a Resolución da Xerencia do 4 de decembro de 2020 (DOG núm. 253, do 17 de decembro) convócase a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se relacionan no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido nos artigos 82 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no 25 do Convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, emitíronse informes motivados o 29 de xaneiro de 2021 por parte da Xerencia e o 1 de febreiro de 2021 por parte da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, en relación cos postos convocados. Nos ditos informes especifícanse tanto os criterios de interese xeral considerados como prioritarios para decidir os nomeamentos como os méritos e capacidades que os candidatos propostos reúnen para o desempeño dos postos de traballo.

Acreditada a observancia do procedemento, así como o cumprimento por parte dos candidatos dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 30 de abril de 2020

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada pola Resolución da Xerencia do 4 de decembro de 2020 e adxudicar os postos convocados ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigados os interesados neste caso a comunicarllo á Xerencia no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto reingrese ao servizo activo, o prazo para a toma de posesión será dun (1) mes.

Cuarto. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas de maternidade ou paternidade concedidos ás persoas interesadas. Igual tratamento terán os supostos de incapacidade temporal, en que o cómputo do prazo posesorio iniciarase a partir da correspondente alta.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: director da Área de Promoción e Proxectos Internacionais.

Número de praza: PL001405.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico superior de xestión.

Complemento 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Martínez Rivas, Emilio.

DNI: ***5051**.

Denominación do posto: director da Área de Arquitectura e Urbanismo.

Número de praza: PL001416.

Grupo: I.

Categoría laboral: arquitecto.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Tabernero Duque, Fernando María.

DNI: ***5095**.

Denominación do posto: director da Área de Operación de Infraestruturas.

Número praza: PL001417.

Grupo: I/II.

Categoría laboral: arquitecto/enxeñeiro industrial/arquitecto técnico/enxeñeiro técnico industrial.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Carrillo Presedo, José Ángel.

DNI: ***7216**.