Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 175/2020).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 175/2020 deste xulgado se ditou Decreto do 27 de xaneiro de 2021, contra o cal se pode interpor recurso de revisión no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Grupo Creación y Extinción, S.L., expido o presente edicto. Dou fe.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza