Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Pena, Cruz de Aguieira e San Marcos, no concello de Sarria (expediente 66-78/2DES-2019).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 11.1.2021 figura o seguinte acordo:

Monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos (exp. 66/78), pertencente aos veciños da parroquia de Goián, no concello de Sarria, clasificado polo Xurado o 30.4.1979.

– O 27.2.2019 ten entrada unha proposta de deslindamento parcial do monte veciñal con propiedades particulares, aprobada pola comunidade de Goián.

– O 8.2.2019 o Servizo de Montes emite un informe favorable da proposta presentada.

– O 18.3.2019 envíase ao Concello de Sarria o anuncio para efectos de publicidade no seu taboleiro.

– O 29.3.2019 publícase no DOG o anuncio polo que se fai pública a proposta de deslindamento e ábrese o período para alegacións. Expediente de deslindamento 2DES/2019.

– Despois de analizar as alegacións presentadas, o 27.1.2020 e 28.1.2020 a comunidade de Goián reafírmase na proposta de deslindamento, que recibe informe favorable do Servizo de Montes o 17.3.2020.

– O 16.7.2020 e 17.8.2020 a comunidade de Goián presenta a proposta da liña de deslindamento definitiva.

– O 10.11.2020 o Servizo de Montes emite un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos pasa a ter 136 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados e o xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal despois do deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 2 de febreiro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file