Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10021

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR945C).

As actuacións de fomento do deporte teñen na concesión de subvencións ás entidades deportivas unha das súas principais e máis eficaces manifestacións. Estas actuacións, realizadas conforme baremos públicos e obxectivos, véñense realizando nos últimos anos de forma que as entidades deportivas poidan acometer as actividades obxecto de subvención da forma máis operativa e garantindo sempre a finalidade última de toda política de fomento deportivo na Comunidade Autónoma, que é o crecemento e o fortalecemento da actividade desenvolvida polos axentes deportivos de Galicia.

Desde a declaración da emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 13 de marzo, a Administración autonómica vén actuando na prevención e control da crise sanitaria orixinada pola expansión do coronavirus COVID-19.

No ámbito desta actuación, o 13 de xuño de 2020 o Diario Oficial de Galicia publicaba a
Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Entre as medidas recollidas no acordo e que se incorporan como anexo, establécense unha serie de obrigas xerais, así como diversas limitacións e medidas de prevención por sectores, tamén no ámbito deportivo. As medidas aplicables a este sector foron axustándose á situación epidemiolóxica da Comunidade Autónoma, concretamente a través do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de xullo (DOG do 18 de xullo), a Orde do 27 de agosto de 2020 (DOG do 28 de agosto) e a Orde do 9 de setembro de 2020 (DOG do 9 de setembro).

De conformidade cos parámetros de actuación establecidos na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e segundo as atribucións que lle son conferidas polo Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte establece as presentes bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, así como para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.

Xunto á experiencia acumulada nos anos anteriores, as presentes bases teñen en conta as previsións establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, especialmente no disposto en ambos os textos en relación coas bases reguladoras das subvencións.

No que respecta ás axudas ás sociedades anónimas deportivas para a realización das actividades que lles son propias e para o desenvolvemento da súa programación deportiva, quedan suxeitas ao réxime de axudas de minimis, polo cal non poderán exceder o límite cuantitativo de 200.000 € nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

Esta resolución dá cumprimento aos principios de publicidade, libre concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Esta convocatoria tramítase como anticipada de gasto, de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 20 de novembro de 2020, na cal se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

En virtude do exposto, e en exercicio das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto e financiamento

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 (código de procedemento PR945C).

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas subvencións para o ano 2021.

3. Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2021, crédito por importe total de tres millóns novecentos vinte mil euros (3.920.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0, en función das seguintes liñas de actuación subvencionables:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I: desenvolvemento de actividades deportivas

04.40.441A.481.0 (modalidade 1010)

1.920.000 €

Liña II: implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19

04.40.441A.481.0 (modalidade 1013)

2.000.000 €

Para a liña de actuación I establécese a contía de axuda máxima por entidade beneficiaria en 10.000 €.

Para a liña de actuación II esta contía máxima poderá ser de ata 3.000 €, para o caso de entidades que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que impliquen contacto, e de ata 1.500 €, para as entidades que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que non impliquen contacto e para as entidades que participen en competicións oficiais de ámbito autonómico.

No caso de que o crédito dunha das liñas de actuación non se esgote, a cantidade resultante incrementará o orzamento destinado á outra liña de actuación.

4. Este total poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2021.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, o crédito previsto no número 3 deste artigo e, xa que logo, a concesión das subvencións, quedan sometidos á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio 2021 para financiar as obrigas derivadas da convocatoria.

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser entidade beneficiaria da subvención deberase presentar unha solicitude dirixida aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da provincia onde teñan o seu domicilio, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 4. Criterios de determinación do importe da subvención

Os criterios son os recollidos no artigo 8 das bases reguladoras.

No caso da liña de actuación I, estes criterios compóñense de méritos deportivo-competitivos (certificados polas respectivas federacións galegas, e que son os recollidos no artigo 8A, 8B, 8C, 8D, 8E e 8F) e outros non deportivos achegados pola propia entidade nos anexos correspondentes que se achegan coa convocatoria (recollidos no artigo 8G, 8H, 8I e 8J). No que se refire exclusivamente aos méritos deportivos que se van avaliar, debido á incidencia da COVID-19 na paralización das competicións no ano 2020, os criterios de valoración referiranse, en función da modalidade deportiva, aos méritos da tempada 2019 ou 2018/19 (a anterior á da pandemia) para evitar a falta de méritos deportivos que se puidese dar pola paralización das ditas competicións no ano 2020.

No caso da liña de actuación II, atenderase aos méritos detallados no artigo 8.2 e referidos á tempada 2020 ou 2020/21.

Artigo 5. Xustificación e pagamento da subvención

As entidades que, tras a valoración das solicitudes resulten finalmente beneficiarias, deberán presentar a solicitude de aboamento da axuda concedida e demais documentación xustificativa recollida no artigo 14 das bases, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución coa listaxe definitiva das axudas concedidas.

Os gastos que se subvencionen con relación á liña de actuación I corresponderán ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro do ano 2020, e debernse terse efectuado e pagado nese período.

Os gastos que se subvencionen con relación á liña de actuación II corresponderán ao período comprendido entre o 12 de xuño de 2020 e o 30 de xuño do ano 2021, e deberanse terse efectuado e pagado nese período.

Artigo 6. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o seu desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19 (código de procedemento PR945C)

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico

1.1. O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.

1.2. O réxime xurídico das subvencións contidas na presente norma está constituído pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e as bases aprobadas pola presente resolución. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

1.3. As subvencións concedidas conforme as presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

2.1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

2.2. De igual forma, para ser persoa beneficiaria destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2.3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que fosen sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.

c) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen ás persoas deportistas por razón de xénero.

d) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.

e) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia no momento da solicitude.

Artigo 3. Actuacións subvencionables e compatibilidade

3.1. Na liña de actuación I serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial en 2020.

3.2. Na liña de actuación II serán subvencionables os gastos correntes derivados da implementación de medidas de seguridade e prevención da COVID-19 durante os exercicios 2020 e 2021 (entre o 12.06.2020 e o 30.06.2021), con motivo da participación en competicións de ámbito autonómico e/ou estatais, segundo as previsións do protocolo Fisicovid-Dxtgalego aprobado pola correspondente federación deportiva galega, así como derivada do resto da normativa autonómica vixente.

3.3. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de lle comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado pola entidade beneficiaria. Esta circunstancia deberá ser acreditada pola entidade beneficiaria conforme o establecido no artigo 14 destas bases.

Artigo 4. Prazo de solicitudes e documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

4.1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

4.2. Xunto coa solicitude achegarase, de ser o caso, e segundo os anexos que se publicarán coa convocatoria, a seguinte documentación complementaria:

a) Todas as solicitudes deberán presentar:

– Declaración de adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte (anexo III).

– Poder de representación, no caso de que non sexa a persoa presidenta da entidade quen actúe como persoa representante na tramitación deste procedemento.

b) Liña de actuación I:

– Declaración, de ser o caso, de actuacións desenvolvidas a prol da igualdade de xénero e contra a violencia machista (anexo IV)

– Certificado acreditativo, de ser o caso, de que a presidencia, vicepresidencia, secretaría xeral ou tesouraría da entidade está ocupada por unha muller (anexo V).

– Certificado acreditativo, se é o caso, da participación da entidade en calquera dos dous anos anteriores á convocatoria na actividade denominada «Coñece o meu club», integrada dentro do programa Xogade (anexo VI).

– Certificado acreditativo, se é o caso, de non ter a sede social nunha instalación ou edificio de titularidade pública ou, estando localizada neles, devindiquen un canon ou prestación económica pola súa ocupación (anexo VII).

c) Liña de actuación II:

– Certificado da federación co número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais, especificando os que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal ou categoría nacional de modalidades deportivas que impliquen contacto, e os que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal ou categoría nacional de modalidades deportivas que non impliquen contacto e/ou que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito autonómico, provincial ou local segundo o disposto na base 8.2 (anexo VIII).

4.3. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte co obxecto de comprobar que están debidamente cubertas e suficientemente documentadas. Xunto con esta análise, comprobarase se o solicitante acredita o cumprimento dos requisitos establecido no artigo 2.

4.4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeran, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Este requirimento realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/. Poderá tamén ser requirido o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento, en calquera fase del.

Nesta publicación, e con efectos unicamente de publicidade, relacionaranse tamén as solicitudes admitidas que non están suxeitas a emenda e as inadmitidas.

Artigo 5. Comprobación de datos

5.1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración tributaria de Galicia.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións pola regra de minimis.

5.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes

Artigo 6. Órganos competentes e instrución do procedemento

6.1. A persoa titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas será o órgano instrutor do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

6.2. No caso da liña de actuación I, presentadas as solicitudes e ao mesmo tempo que se procede á súa revisión, o órgano instrutor remitiralle a cada federación deportiva galega unha lista coas solicitudes correspondentes a cada unha delas cuxos datos deportivos obxecto de valoración non consten en poder do órgano instrutor por non seren entidades solicitante na anterior convocatoria.

O/a secretario/a de cada federación deportiva galega certificará, co visto e prace do/a presidente/a, os datos deportivos sinalados no punto 6.4 deste artigo de cada unha das ditas solicitudes correspondentes á súa federación e remitiralle estas certificacións ao órgano instrutor, no prazo de dez días.

6.3. No caso de solicitudes de entidades de modalidades deportivas das cales non exista unha federación deportiva galega, o órgano instrutor poderalle solicitar a certificación destes datos á federación deportiva española correspondente. No caso de non existir unha federación deportiva española, solicitarase por esta orde de prelación á asociación galega de clubs ou á asociación española de clubs correspondente á modalidade deportiva indicada na solicitude.

6.4. As federacións deberán emitir as certificacións sinaladas no punto anterior respecto dos seguintes datos:

1. Relevancia da actuación deportiva da entidade:

1.a) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por ligas:

– Nivel da liga (1º = división de honra, 2º = división de prata, ou equivalente, etc.) en que participou na categoría absoluta e na categoría previa á absoluta (xuvenil/júnior).

– Participación da entidade en competicións europeas oficiais ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre).

– Número de ligas de diferente nivel existente na modalidade/especialidade deportiva da entidade (división de honra, división de prata ou equivalentes, etc.), en categoría absoluta e na categoría previa á absoluta ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre).

– Número de licenzas da modalidade/especialidade en España.

1.b) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais:

– Número de podios acadados polos deportistas da entidade na clasificación final dos campionatos de España oficiais das diferentes modalidades/especialidades deportivas de categoría absoluta.

2. Número de deportistas da entidade con licenza federativa nas categorías previas á absoluta, na absoluta e femininas, así como número de licenzas de adestradores da entidade tramitadas.

3. Número de equipos da entidade participantes nas ligas A dos deportes colectivos da campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.

4. Participación nas principais competicións oficiais de ámbito nacional:

4.a) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por ligas:

– Número de equipos e deportistas da entidade que participasen na liga nacional do máximo nivel de categoría absoluta.

– Número de equipos e deportistas da entidade que participasen no Campionato de España de Clubs, en calquera das categorías previas á absoluta.

– Número de equipos e deportistas da entidade que, non participando na liga nacional do máximo nivel de categoría absoluta, participasen en ligas de categoría absoluta compostas por equipos de, polo menos, tres comunidades autónomas.

4.b) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais, valorarase o número de deportistas da entidade participantes en calquera das dúas competicións deportivas oficiais de ámbito nacional máis relevantes para a modalidade. Unha delas será obrigatoriamente o Campionato de España e ser a outra poderá a Copa do Rei/Raíña ou a Copa de España ou, na súa falta, outra similar en canto ao nivel deportivo, en categoría absoluta e/ou inferiores.

En ambos os tipos de entidade, de competición por liga ou por concentración, especificarase se a entidade, nestas competicións principais, participou, nalgún caso, en probas de tipo olímpico ou paralímpico.

5. Número de deportistas da entidade na categoría absoluta e anteriores que participasen coa selección española correspondente en competicións oficiais de ámbito internacional.

6. Número de encontros/xornadas disputados pola entidade fóra de Galicia con motivo da participación en fases de ascenso a ligas regulares de ámbito supraautonómico.

6.5. Co fin de certificar os datos sinalados, as federacións deberán ter en conta que:

a) Unicamente se valorarán as licenzas que habiliten para a participación en competicións oficiais e teñan validez para toda a tempada de competición. Non se terán en conta as licenzas expedidas para a participación en cursos de promoción ou para actividades puntuais que non constitúan a actividade deportiva habitual e preferente de cada modalidade deportiva, nin as de categoría de veteranos, grupos de idade ou similares.

b) A categoría absoluta é aquela categoría de idade en que se desenvolve a competición deportiva de máis alto nivel da modalidade.

c) Para a valoración das alíneas 6.4.a).1 e 6.4.a).4, os clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas clasificaranse en:

I. Clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de sistema de competición principal por ligas: son os clubs ou sociedades anónimas deportivas ou seccións deportivas daquelas modalidades/especialidades deportivas en que a competición máis relevante se desenvolve, na categoría absoluta ou na previa á absoluta, entre equipos formados por máis dun xogador que participan de forma simultánea, dándose entre eles situacións de cooperación, en diferentes encontros deportivos, en sistema de liga regular á cal se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente.

Non poderán incluírse neste grupo as entidades de modalidades/especialidades deportivas en que na categoría absoluta non exista, polo menos, unha liga de ámbito nacional.

II. Clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de sistema de competición principal por concentracións ou probas puntuais: son os clubs, sociedades anónimas deportivas ou seccións deportivas daquelas modalidades deportivas en que a competición máis relevante non se adecua ao definido na epígrafe anterior.

d) A tempada deportiva que se vai valorar, e cuxos datos serán certificados polas respectivas federacións, indicarase na correspondente convocatoria de subvencións e deberá ser a mesma para todos os clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas da mesma modalidade/especialidade deportiva.

e) Considéranse competicións deportivas oficiais as cualificadas como tales polas respectivas federacións deportivas ou pola correspondente Administración deportiva dentro do seu ámbito competencial.

6.6. Recibidas polo órgano instrutor as certificacións sinaladas no punto anterior, este publicaraas na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.gal/) para os efectos de que as persoas interesadas poidan presentar alegacións aos datos contidos nas referidas certificacións, nun prazo improrrogable de dez días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. Rematado o prazo de alegacións, o órgano instrutor remitiralles ás correspondentes federacións as alegacións que puidesen afectar a puntuación dos méritos das entidades para, de ser o caso, modificar as certificacións emitidas en primeira instancia, nun prazo non superior a tres (3) días contados desde a data de recepción da notificación.

Artigo 7. Da Comisión de Valoración

7.1. Recibidas polo órgano instrutor as certificacións definitivas sinaladas no punto anterior, este remitirallas, xunto coa documentación que cumpra as esixencias contidas nas presentes bases, á Comisión de Valoración encargada de aplicar os criterios de determinación do importe da subvención establecidos no artigo seguinte.

7.2. A Comisión estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa en quen delegue, e actuarán como vogais as persoas titulares das xefaturas dos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte e un técnico/a deportivo/a da mesma Secretaría Xeral designado pola persoa presidenta da comisión. Será secretario/a da comisión a persoa titular da xefatura do Servizo de Deporte en Idade Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa que a substitúa.

7.3. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases, na convocatoria ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para os efectos de ditar a correspondente resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

7.4. En todo caso, non se admitirán a trámite e procederase a ditar a resolución de inadmisión e ao seu arquivamento, sen posibilidade de emenda, das solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na convocatoria.

Artigo 8. Criterios de determinación do importe da subvención

8.1. Liña de actuación I.

Para asignar os puntos establecidos nos diferentes grupos de puntuación de cada criterio de determinación do importe da subvención, teranse en conta os datos certificados polas correspondentes federacións, referidos a méritos deportivo-competitivos (criterios 8A, 8B, 8C, 8D, 8E e 8F), e os achegados polas propias entidades referidos a outros méritos (criterios 8G, 8H, 8I e 8J). Para esta asignación non se valorarán os equipos das entidades que participasen en ligas profesionais.

Os importes das subvencións que se concedan ás entidades beneficiarias serán calculados pola comisión referida no artigo 7, conforme os seguintes criterios:

A. Relevancia da actuación deportiva da entidade: ata 40 puntos.

Para determinar os grupos de puntuación atenderase aos seguintes criterios:

a) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por ligas, tanto no caso das ligas masculinas como nas femininas, para a adxudicación dos puntos atenderase, en cada caso, ao nivel da liga (1º = división de honra, 2º = división de prata, ou equivalentes, etc.) en que participou na categoría absoluta e na categoría previa á absoluta (xuvenil/júnior), á participación da entidade en competicións europeas oficiais ás cales se accede por clasificación, ao número de ligas de diferente nivel existentes na modalidade/especialidade (división de honra, división de prata ou equivalentes, etc.) en categoría absoluta e na categoría previa á absoluta ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre) e ao número de licenzas da modalidade/especialidade en España.

As entidades que conten pola súa vez con equipo masculino e feminino susceptible de puntuación por este criterio obterán a puntuación correspondente á suma obtida por cada un dos equipos, ata o límite máximo dos 40 puntos. Poderase valorar ata un equipo por cada categoría das indicadas anteriormente e xénero.

Grupo 1: 40 puntos.

Nivel de liga absoluta da entidade

Nº de ligas da modalidade

>3

>1

>1

>3

>6

Nº de licenzas da modalidade

>15.000

>15.000

>25.000

>50.000

>400.000

Grupo 2: 30 puntos.

Nivel de liga absoluta da entidade

Nº de ligas da modalidade

>1

>3

>5

Nº de licenzas da modalidade

>2.000

>15.000

>200.000

Grupo 3: 20 puntos.

Nivel de liga absoluta da entidade

Nº de ligas da modalidade

>2

>1

>3

Nº de licenzas da modalidade

>5.000

>20.000

>15.000

Grupo 4: 10 puntos.

Nivel de liga absoluta da entidade

Nº de ligas da modalidade

>0

>5

>3

>5

Nº licenzas da modalidade

>10.000

>5.000

>10.000

>200.000

Grupo 5: 5 puntos.

Nivel de liga absoluta da entidade

Nº de ligas da modalidade

>0

>1

>2

>5

>5

Nº de licenzas da modalidade

>1.000

>10.000

>5.000

>5.000

>150.000

Grupo 6: 2 puntos.

Nivel de liga absoluta da entidade

Nº de ligas da modalidade

>1

>1

Nº de licenzas da modalidade

>1.000

>1.000

Debido ás especiais características do deporte practicado por persoas con algunha discapacidade, nestes casos,as entidades que participen na liga nacional do máximo nivel obterán a puntuación do grupo 1, as que participen na liga nacional do segundo máximo nivel obterán a puntuación do grupo 2 e as que participen na liga nacional do terceiro máximo nivel obterán a puntuación do grupo 3.

As entidades con participación en competicións europeas ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre) obterán a puntuación do grupo 1.

As entidades que conten con equipos de categoría previa á absoluta puntúan do seguinte xeito:

– Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de modalidade deportiva con máis de 500.000 licenzas no ámbito nacional, con equipo en categoría previa absoluta participante na liga do máximo nivel da dita categoría, acadarán a puntuación do grupo 3 (20 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á da obtida polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do grupo 1.

– Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de modalidade deportiva con máis de 500.000 licenzas no ámbito nacional, con equipo en categoría previa á absoluta participante na liga do segundo máximo nivel da dita categoría, acadarán a puntuación do grupo 4 (10 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á da obtida polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do grupo 1.

– Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de modalidade deportiva con máis de 200.000 licenzas no ámbito nacional, con equipo en categoría previa á absoluta participante na liga do máximo nivel da dita categoría, acadarán a puntuación do grupo 4 (10 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á da obtida polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do grupo 1.

b) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de podios acadados polos deportistas da entidade na clasificación final dos campionatos de España oficiais das diferentes modalidades/especialidades deportivas de categoría absoluta.

Grupo 1: 40 puntos: 8 e máis.

Grupo 2: 35 puntos: 7.

Grupo 3: 30 puntos: 6.

Grupo 4: 25 puntos: 5.

Grupo 5: 20 puntos: 4.

Grupo 6: 15 puntos: 3.

Grupo 7: 10 puntos: 2.

Grupo 8: 5 puntos: 1.

No caso de modalidades/especialidades en que para unha mesma proba en concreto se celebren varios campionatos de España en función do nivel dos/das participantes (1ª categoría/división, 2ª categoría/división, ou similar, etc.), só se terá en conta o de máis alto nivel.

Respecto da aplicación obxectiva do baremo da anterior letra b), realízanse dúas atencións singulares:

– Atletismo: esta modalidade ten, á marxe das competicións oficiais de tipo concentrado, outra competición de características similares ás definidas nestas bases para as competicións tipo liga, que é de gran relevancia nesta modalidade deportiva e na cal participan as mellores entidades deportivas de España. Así, as entidades deportivas que, ademais de participar en competicións de tipo concentrado, tamén participasen na liga do 1º nivel de ámbito nacional obterán a puntuación do grupo 1, e as que participasen na liga do 2º nivel de ámbito nacional obterán a puntuación do grupo 3, salvo no caso de que obtivesen unha puntuación superior por podios nos campionatos de España de categoría absoluta. No caso de que unha entidade tivese equipos nas dúas ligas, obterá a puntuación do grupo superior.

– Remo: esta modalidade ten, á marxe das competicións oficiais de tipo concentrado, outra competición de características similares ás definidas nestas bases para as competicións tipo liga, que é de gran relevancia nesta modalidade deportiva e na cal participan as mellores entidades deportivas de España. Así, as entidades deportivas que, ademais de participaren en competicións de tipo concentrado, tamén participasen na liga do máximo nivel de ámbito nacional puntuaranse no grupo 1 no caso de que a competición tivese 12 ou máis xornadas, e no grupo 3 se tivese menos, salvo no caso de que obtivesen unha puntuación superior por podios nos campionatos de España de categoría absoluta. No caso de que unha entidade tivese equipos nas dúas ligas, obterá a puntuación do grupo superior. Nesta mesma modalidade, a participación nas ligas de ámbito autonómico suporá obter a puntuación do grupo 8, e poderá puntuar tanto polo equipo masculino como polo feminino ou por ambos, puntuación que se poderá sumar aos posibles puntos obtidos polos podios indicados ao inicio desta letra b), e ata o máximo de 40 puntos establecido para este criterio.

B. Número de deportistas da entidade con licenza federativa nas categorías previas á absoluta, na absoluta e femininas, así como número de licenzas de adestradores da entidade tramitadas: ata 30 puntos.

– Categorías previas á absoluta: ata 18 puntos.

Grupo 1: 18 puntos: 170 e máis.

Grupo 2: 15 puntos: 100 a 169.

Grupo 3: 10 puntos: 50 a 99.

Grupo 4: 5 puntos: 20 a 49.

Grupo 5: 2 puntos: 10 a 19.

– Categoría absoluta: ata 5 puntos.

Grupo 1: 5 puntos: 80 e máis.

Grupo 2: 4 puntos: 60 a 79.

Grupo 3: 3 puntos: 40 a 59.

Grupo 4: 2 puntos: 20 a 39.

Grupo 5: 1 punto: 10 a 19.

– Femininas: ata 3 puntos.

Grupo 1: 3 puntos: 50 e máis.

Grupo 2: 2 puntos: 35 a 49.

Grupo 3: 1 punto: 10 a 34.

– Adestradores: ata 4 puntos.

Grupo 1: 4 puntos: 11 e máis.

Grupo 2: 3 puntos: 6 a 10.

Grupo 3: 2 puntos: 3 a 5.

Grupo 4: 1 punto: 1 a 2.

C. Número de equipos da entidade participantes nas ligas A dos deportes colectivos da campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte nas especialidades de fútbol sala, voleibol, balonmán e baloncesto: ata 12 puntos.

Grupo 1: 12 puntos: 4 equipos ou máis.

Grupo 2: 10 puntos: 3 equipos.

Grupo 3: 7 puntos: 2 equipos.

Grupo 4: 4 puntos: 1 equipo.

D. Participación nas principais competicións oficiais de ámbito nacional: ata 10 puntos.

Dada a maior relevancia deportiva dos deportes olímpicos/paralímpicos, valoraranse de forma diferenciada as entidades que, nas principais competicións oficiais de ámbito nacional, participasen, nalgún caso, en probas de tipo olímpico/paralímpico.

Igualmente, valoraranse de forma diferenciada, dadas as súas especiais necesidades loxísticas, as entidades dos deportes náuticos olímpicos/paralímpicos de piragüismo, remo e vela, e que tamén nas principais competicións oficiais de ámbito nacional participasen, nalgún caso, en probas de tipo olímpico/paralímpico.

Así, establécense os seguintes grupos de puntuación, en función do número de deportistas da entidade participantes nas principais competicións oficiais de ámbito nacional:

– En probas deportivas de tipo olímpico/paralímpico das modalidades/especialidades náuticas olímpicas/paralímpicas de piragüismo, remo e vela.

Grupo 1: 10 puntos: 50 e máis.

Grupo 2: 8 puntos: 30 a 49.

Grupo 3: 6 puntos: 20 a 29.

Grupo 4: 4 puntos: 10 a 19.

Grupo 5: 2 puntos: 4 a 9.

– Resto de probas deportivas de tipo olímpico/paralímpico.

Grupo 1: 10 puntos: 60 e máis.

Grupo 2: 8 puntos: 40 a 59.

Grupo 3: 6 puntos: 20 a 39.

Grupo 4: 4 puntos: 15 a 19.

Grupo 5: 2 puntos: 11 a 14.

– En probas de tipo non olímpico/paralímpico.

Grupo 1: 10 puntos: 70 e máis.

Grupo 2: 8 puntos: 60 a 69.

Grupo 3: 6 puntos: 40 a 59.

Grupo 4: 4 puntos: 20 a 39.

Grupo 5: 2 puntos: 15 a 19.

a) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por ligas, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de equipos e deportistas da entidade que participasen na liga nacional do máximo nivel de categoría absoluta, ao número de equipos e deportistas que participasen na fase final do Campionato de España de clubs en calquera das categorías previas á absoluta, así como ao número de equipos e deportistas de categoría absoluta que, non participando na liga nacional do máximo nivel, participasen en ligas compostas por equipos de, polo menos, tres comunidades autónomas.

b) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de deportistas da entidade participantes en calquera das dúas competicións deportivas oficiais de ámbito nacional máis relevantes para a modalidade, das cales unha será obrigatoriamente a fase final do Campionato de España e a outra pode ser a Copa do Rei/Raíña ou a Copa de España ou, no seu defecto, outra similar en canto ao nivel deportivo, en categoría absoluta e/ou inferiores.

E. Número de deportistas da entidade na categoría absoluta e/ou inferiores que participasen coa selección española correspondente en competicións oficiais de ámbito internacional: ata 5 puntos.

Grupo 1: 5 puntos: 9 e máis.

Grupo 2: 4 puntos: 7 a 8.

Grupo 3: 3 puntos: 5 a 6.

Grupo 4: 2 puntos: 3 a 4.

Grupo 5: 1 punto: 1 a 2.

F. Por encontros/xornadas disputados fóra de Galicia con motivo da participación en fases de ascenso a ligas regulares de ámbito supraautonómico: ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 3 ou máis encontros/xornadas.

Grupo 2: 15 puntos: 2 encontros/xornadas.

Grupo 3: 10 puntos: 1 encontro/xornada.

G. Por actuacións en prol da igualdade efectiva de homes e mulleres no deporte, así como contra a violencia machista, segundo o disposto no anexo IV: ata 3 puntos

Grupo 1: 3 puntos: 3 ou máis actuacións

Grupo 2: 2 puntos: 2 actuacións

Grupo 3: 1 punto: 1 actuación

H. No caso de que sexa unha muller quen ocupe a presidencia, vicepresidencia, secretaría xeral ou tesourería da entidade: 1 punto.

Este cargo deberá ser ocupado con anterioridade á data de publicación da convocatoria de subvencións e permanecer nel no momento de presentación da solicitude.

I. Pola participación da entidade na actividade denominada «Coñece o meu club», integrada dentro do programa Xogade en calquera dos dous anos anteriores á convocatoria: 1 punto.

J. Entidades cuxa sede social non estea nunha instalación ou edificio de titularidade pública ou, estando situada nelas, devindiquen un canon ou prestación económica pola súa ocupación: 1 punto

8.2. Liña de actuación II.

Os importes das subvencións que se concedan ás entidades beneficiarias serán calculados pola comisión referida no artigo 7, conforme os seguintes criterios, a partir dos datos achegados pola entidade no anexo VIII.

A) Entidades participantes en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal ou cualificadas como de categoría nacional pola federación española correspondente, de modalidades deportivas que impliquen contacto.

Consideraranse modalidades deportivas que impliquen contacto as seguintes: baloncesto, balonmán, béisbol e sófbol, boxeo, fútbol, fútbol sala, hóckey herba, hóckey patíns, hóckey en liña, judo e D.A, karate e D.A, kickboxing, kung fu, loita e D.A, natación sincronizada, waterpolo, rugby, taekwondo, voleibol, ximnasia (non individual), baile deportivo (non individual).

As competicións de ámbito estatal ou nacionais a que se refire esta epígrafe poden ser a participación en competicións con formato de ligas regulares entre equipos cualificadas como de categoría nacional pola respectiva federación española, a participación en campionatos de España, en campionatos de España de clubs ou por equipos e noutras ligas nacionais de clubs.

Número de deportistas da entidade con licenza federativa participantes en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal ou categoría nacional de modalidades que impliquen contacto: ata 30 puntos.

Grupo

Nº de deportistas

Puntuación

I

Entre 0 e 9

5

II

Entre 10 e 12

7

III

Entre 13 e 15

10

IV

Entre 16 e 20

12

V

Entre 21 e 25

15

VI

Entre 26 e 28

19

VII

Entre 29 e 30

21

VIII

Entre 31 e 40

23

IX

41 e máis

30

B) Entidades participantes en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal ou categoría nacional de modalidades deportivas que non impliquen contacto e entidades participantes en competicións oficiais non profesionais de ámbito autonómico, provincial ou local.

Número de deportistas da entidade con licenza federativa participantes en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal ou categoría nacional de modalidades que non impliquen contacto, ou en competicións oficiais non profesionais de ámbito autonómico, provincial ou local: ata 30 puntos.

Grupo

Nº de deportistas

Puntuación

I

Entre 0 e 9

6

II

Entre 10 e 29

10

III

Entre 30 e 49

12

IV

Entre 50 e 74

14

V

Entre 75 e 99

16

VI

Entre 100 e 124

18

VII

Entre 125 e 149

20

VIII

Entre 150 e 174

22

IX

Entre 175 e 199

24

X

Entre 200 e 224

26

XI

Entre 225 e 249

28

XII

250 e máis

30

No caso das entidades con participación nas competicións detalladas no punto A que participen tamén nas competicións do punto B, farase unha valoración diferenciada para cada caso, sumándose os importes resultantes, tendo en conta que un mesmo deportista non pode ser contabilizado nos dous casos.

Artigo 9. Contía da subvención

9.1. Liña de actuación I.

a) O importe das subvencións será o resultado aritmético da regra de tres simple de asignar á puntuación máxima que se pode obter (123 puntos) o importe máximo que se pode conceder (10.000 €).

Procederase ao rateo proporcional dos importes inicialmente adxudicados ás distintas solicitudes no caso de que o crédito dispoñible resulte insuficiente para atendelas. Garantirase, non obstante, un importe mínimo de 500 € ás entidades que obtivesen a puntuación mínima para ser beneficiaria no caso de que tras o rateo a contía resultante for inferior.

b) No caso dos clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas con participación en competicións oficiais de máis dunha federación, a puntuación final será o resultado da suma de puntos acadado en cada caso, e a contía definitiva que lle corresponda non superará, en ningún caso, os 10.000 €. O mesmo sucederá no caso de entidades que, dentro dunha mesma federación, participen en especialidades que requiran unha valoración diferenciada para cada unha delas.

c) De ser o caso, para determinar o importe das subvencións outorgadas ás sociedades anónimas deportivas, teranse en conta as axudas suxeitas ao réxime de minimis recibidas en calquera dos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

d) Todas as entidades que non obteñan unha puntuación mínima de 7 puntos non acadarán a condición de beneficiarias, excepto as entidades participantes nas competicións deportivas oficiais dirixidas a persoas con algunha discapacidade. Neste último caso deberán obter unha puntuación mínima de 5 puntos.

9.2. Liña de actuación II.

a) O importe das subvencións será o resultado aritmético da regra de tres simple de asignar á puntuación máxima que se pode obter (30 puntos) o importe máximo que se pode conceder (3.000 €, para o caso de entidades que participen en competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que impliquen contacto, e 1.500 €, para o resto de entidades).

b) Procederase ao rateo proporcional dos importes inicialmente adxudicados ás distintas solicitudes no caso de que o crédito dispoñible resulte insuficiente para atendelas.

c) No caso das entidades con participación en ambos os tipos de competición, farase unha valoración diferenciada para cada caso, e sumaranse os importes resultantes.

d) De ser o caso, para determinar o importe das subvencións outorgadas ás sociedades anónimas deportivas, teranse en conta as axudas suxeitas ao réxime de minimis recibidas en calquera dos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

Artigo 10. Resolución e notificación

10.1. Analizadas as solicitudes polo órgano instrutor, este, á vista do expediente e do informe da Comisión, formulará a proposta motivada de resolución á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte

10.2. A resolución dos expedientes de axudas correspóndelle á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, que deberá resolver no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta.

10.3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución non poderá exceder os cinco meses, contado desde o día seguinte á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10.4. De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación levarase a cabo mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, con indicación neste caso da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. Así mesmo, farase unha relacionón das solicitudes desestimadas e inadmitidas, con expresión dos motivos da desestimación e inadmisión.

10.5. No caso das sociedades anónimas deportivas, e con base no establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro), informarase por escrito a posible entidade beneficiaria sobre o importe da axuda (expresado en equivalente bruto de subvención) e sobre o seu carácter de minimis, facendo referencia expresa ao regulamento citado.

10.6. A resolución publicarase nos termos previstos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, expresando persoa beneficiaria, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, se esta for expresa, ou de seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

No caso de interpor o recurso de reposición, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do dito recurso.

Artigo 12. Modificación da resolución

De acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión a alteración das condicións tidas en conta para a súa concesión e, en todo caso, a obtención de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 13. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 22.1 da mesma lei.

Artigo 14. Xustificación e pagamento da subvención

14.1. A solicitude de aboamento da axuda concedida (anexo IX) deberá presentarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución coa listaxe definitiva das axudas concedidas, e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, actualizada na data da xustificación (anexo X).

b) De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias presentarán unha conta xustificativa simplificada que conterá a seguinte documentación:

1. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, para o caso das subvencións concedidas na liña de actuación I, actividade deportiva (anexo XI).

2. Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados por un importe equivalente, polo menos, ao da subvención concedida. Esta relación deberá conter a identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento (anexo XII, para a liña de actuación I, e anexo XIII, para a liña de actuación II).

As actuacións posteriores á publicación da convocatoria de axudas deberán contar:

– Solicitude de tres ofertas, de conformidade co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Que a elección entre as ofertas recaeu na proposta económica máis vantaxosa.

2.A. No caso das entidades beneficiarias, e en canto á liña I de actuación relativa á participación dos seus equipos e deportistas nas competicións deportivas oficiais, os gastos referiranse aos seguintes conceptos:

a) Licenzas federativas aboadas.

b) Seguros deportivos aboados e outros seguros contratados, relacionados coa actividade deportiva, que non fosen obxecto doutras axudas, subvencións ou achegas desta ou doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

c) Inscricións en competicións oficiais aboadas e outros gastos propios do calendario que asumirá o club por normativa de competición.

d) Gastos de arbitraxes.

e) Gastos de adestradores/as.

f) Gastos relacionados co transporte e medios de transporte utilizados para asistir a adestramentos e competicións.

g) Gastos de manutención e aloxamento para asistir ao calendario de competicións.

h) Material deportivo non inventariable (balóns, equipamientos/roupa de xogo/adestramento, etc.).

i) Produtos básicos de farmacia/caixa de urxencias.

j) Gastos de ambulancias no desenvolvemento de eventos deportivos.

k) Alugamento de instalacións deportivas para desenvolver adestramentos ou competicións.

l) Gastos derivados da contratación de persoal, incluído salario, cotas da Seguridade Social e retencións do IRPF practicadas. En canto ás relacións de responsabilidade que deriven dese carácter contractual entre a entidade beneficiaria e o persoal contratado, serán de única e exclusiva responsabilidade da entidade beneficiaria.

2.B. No caso das entidades beneficiarias, e en canto á liña II de actuación relativa á implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial derivada da COVID-19, os gastos referiranse aos seguintes conceptos:

a) Gastos derivados da adquisición de máscaras, luvas, xeles hidroalcólicos e outros produtos de limpeza e desinfección.

b) Gastos derivados da realización de tests de detección da COVID-19.

c) Gastos derivados da implementación doutras medidas de seguridade e de prevención da COVID-19 (marcaxe de zonas, identificación de asentos, carteis de mensaxaría, etc.)

d) Gastos derivados da contratación de persoal técnico cualificado COVID-19, incluíndo salario, cotas da Seguridade Social e as retencións do IRPF practicadas. En canto ás relacións de responsabilidade que deriven dese carácter contractual entre a entidade beneficiaria e o persoal contratado, serán de única e exclusiva responsabilidade da entidade beneficiaria.

14.2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeran, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei

14.3 O órgano concedente comprobará, mediante a aplicación de técnicas de mostraxe, un número de expedientes significativo, coa finalidade de obter a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, para o cal lle poderá requirir á entidade beneficiaria que remita a totalidade dos documentos xustificativos e, en todo caso, procederá a requirirlle a totalidade dos ditos documentos cando, das comprobacións realizadas, non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención. Para estes efectos, e consonte o artigo 42.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de importes inferiores a 1.000 €, a documentación acreditativa do gasto e do pagamento poderá consistir no correspondente xustificante de recepción do provedor.

14.4. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que considere oportunos.

14.5. O importe da subvención farase efectivo nun único pagamento na conta bancaria indicada na solicitude de aboamento da axuda.

Artigo 15. Obrigas das persoas beneficiarias

As entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

a) Incluír o logotipo da Secretaría Xeral para o Deporte, dispoñible para os efectos na páxina web http://deporte.xunta.gal/, nos medios de comunicación da entidade. Así mesmo, os clubs que compitan a nivel estatal deberán incluír no vestiario deportivo oficial o citado logotipo.

b) Colaborar nas actividades programadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e, especialmente, mediante a participación dos xogadores, adestradores e equipo técnico nas actividades, cursos, conferencias ou clínics dirixidos a deportistas de base e á comunidade educativa, agás nos casos de coincidencia de datas con campionatos oficias estatais ou internacionais, ou ben que a súa participación puidese interferir de forma negativa na súa programación de adestramentos cara a unha proba concreta.

c) Facilitar a incorporación dos deportistas nas convocatorias das seleccións galegas para participar en torneos ou campionatos oficiais ou amigables, agás nos casos de coincidencia de datas con campionatos oficias estatais ou internacionais, ou ben que a súa participación puidese interferir de forma negativa na súa programación de adestramentos cara a unha proba concreta.

d) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 16 das presentes bases.

h) A adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte (anexo III).

Artigo 16. Perda de dereito e reintegro da axuda

16.1. Procederá o reintegro ou perda de dereito, total ou parcial, das cantidades pendentes de percibir ou percibidas e a exixencia dos xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia da perda de dereito ou do reintegro, segundo o disposto no artigo 31 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impidan.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, de ser o caso, nas normas reguladoras da subvención.

d) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

16.2. De acordo co establecido no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, procederá o reintegro parcial no suposto de non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, o que suporá a perda dun 5 % do importe da subvención concedida. Esta porcentaxe do 5 % aplicarase unha vez descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

16.3. Para facer efectiva a perda de dereito ou reintegro a que se refiren os puntos anteriores, tramitarase o oportuno procedemento, que se axustará ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

16.4. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, con anterioridade ao requirimento previo da Administración as persoas beneficiarias poderán realizar con carácter voluntario a devolución do importe da axuda obxecto de reintegro.

Esta devolución efectuarase mediante ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82-2080-0300-87-3110063172, segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación, e o importe incluirá os xuros de mora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

A persoa beneficiaria deberá presentar, ante o órgano concedente, copia xustificativa da devolución voluntaria realizada en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 17. Réxime de infraccións e sancións

As persoas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 18. Control

As subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 19. Notificacións

19.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, salvo naqueles casos que nas presentes bases se indica que serán practicadas a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

19.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

19.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

19.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

19.5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases rexerá a normativa xeral en materia de subvencións constituída pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da norma anteriormente citada; así como polos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, conxunto normativo en que se establecen os requisitos xerais das subvencións concedidas pola Administración autonómica, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

22.1. Deberá darse cumprimento das obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

22.2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a lle subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 23. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file