Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2020/10-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Título: proxecto: LMTS e centro de seccionamento para estación de autobuses intermodal e pasarela peonil, Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: rúa Hórreo 73, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de 20 kV, con inicio e fin na liña de distribución MT SNT804, entre os centros 15CYY9 e 15CI34, logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 2x (3x240 mm2), Al, lonxitude 65 m.

Centro de seccionamento 4L+auxiliares en edificio de obra de fábrica e manobra exterior.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña