En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.
c) Número de expediente: 2017022056, ref. 2470.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de alarga de beirarrúa na rúa da Canle desde Fonte do Monte a Ricardo Courtier.
c) CPV: 45000000.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.10.2017, 4.10.2017 e 9.10.2017.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 53.538,57 euros. IVE: 11.243,10 euros. Importe total: 64.781,67 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 12 de novembro de 2020.
b) Data de formalización: 10 de decembro de 2020.
c) Contratista: Rasalérez, S.L.
d) Importe de adxudicación. Importe neto: 34.516,32 euros. IVE: 7.248 euros. Importe total: 41.764,75 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 26 de xaneiro de 2021
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde