Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de febreiro de 2021 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada a Monte Real Club de Yates para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.

Logo da solicitude de Monte Real Club de Yates, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 1.2.2021 iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada a Monte Real Club de Yates para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.

Para poder xustificar a modificación do prazo da concesión e a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 6/2017, o concesionario acreditou un investimento inicial de 1.438.331,36 € (IVE non incluído) e a realización dunha serie de investimentos durante o prazo concesional que ascenden a un total de 912.454,08 € (IVE non incluído), definidas na documentación técnica achegada coa solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia