Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 110/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 110/2020, por instancia de Rosa Baleirón Pérez contra os executados Javier Bello Stout, Bello Gómez, S.C. e Santiago Gómez Baleirón, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 29 de xaneiro de 2021 o decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia parcial, por importe de 13.932,69 euros en concepto de principal, máis 3.991,57 euros en concepto de xuros de mora, máis 1.792,49 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza