Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10666

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 22 de xaneiro de 2021 pola que se encomenda ao Servizo Galego de Saúde a xestión das actuacións para a compra de material sanitario para facer fronte á pandemia da COVID-19.

Mediante a Resolución de data 22 de xaneiro de 2021 encoméndase ao Servizo Galego de Saúde a xestión das actuacións para a compra de material sanitario para facer fronte á pandemia da COVID-19.

Coa finalidade dar cumprimento ao disposto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia o contido mínimo da dita resolución:

– Actividade: servizo consistente na realización de todos aqueles actos e negocios xurídicos propios da preparación, selección de contratista, adxudicación e compra para a subministración de material sanitario.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva. Consonte o previsto polos artigos 47 e 68 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, e para os efectos previstos nos artigos 6.3 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público o Servizo Galego de Saúde ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Consellería de Política Social.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 23 de xaneiro de 2021 e rematará o 31 de outubro de 2021.

– Finalización anticipada: esta encomenda non prevé a finalización anticipada.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

A conselleira de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016; DOG nº 54, do 18 de marzo)
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social