De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 4 de febreiro de 2021
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
ANI-OU-139/2020-V |
28729732H |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANI-OU-152/2020-V |
34553233B |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
CAZ-OU-43/2020-V |
10695794-5ZX2 (DNI Portugal) |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |