Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente-e IN407A 2020/134-1).

Expediente-e: IN407A 2020/134-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da LMT avenida Arsenio Iglesias, s/n.

Concello: Arteixo.

Feitos:

1. O 20 de agosto do 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado recuamento da LMT avenida Arsenio Iglesias, s/n (Arteixo).

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia, Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Arteixo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo concello. A día de hoxe, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, Augas de Galicia, á solicitude do condicionado solicitado.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe teritorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2021, do 11 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV cunha lonxitude de 11 m, coa orixe no apoio número 23 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que compoñen as liñas SBN714 e SBN708A (expediente 2016/2329-1), onde se realiza a derivada ao CT avenida da Deputación, número 148 (15PTC5); condutor tipo LA-56 m2 Al e remate no CT avenida da Deputación, número 148 (15PTC5).

– Substitución do apoio número 22 da liña eléctrica de media tensión de dobre circuíto SBN714 e SBN708.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 1) a 15 kV cunha lonxitude de 584 m, coa orixe no paso de aéreo a soterrado no apoio número 23 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que constitúen as liñas SBN714 e SBN708A (expediente 2016/2329-1), onde se fai a derivada ao CT avenida da Deputación, número 148 (15PTC5); condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate en cela de liña existente no CT campo de fútbol (expediente IN407A 2016/1139-1), logo de realizar entrada e saída nos CS existentes: Sabón 45 e avda. Arsenio Iglesias e mais o CS proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 2) a 20 kV cunha lonxitude de 24 m, coa orixe no paso de aéreo a soterrado no apoio número 23 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que compón as liñas SBN714 e SBN708A (expediente 2016/2329-1), onde se executa a derivada ao CT avenida da Deputación, número 148 (15PTC5); condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate en empalmes proxectados para realizar coa LMTS SBN708A (expediente IN407A 2016/2329-1) que mantén o CS Figueroa (expediente IN407A 1998/35-1).

– Centro de seccionamento 3L telecontrolado con cela de servizos auxiliares e manobra exterior con envolvente de formigón.

– Desmantelamento dun treito de liña de media tensión aérea SBN708A.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de xaneiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña