Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 2021 Páx. 10653

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H) (Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro de 2020).

En cumprimento do disposto no artigo 14.1 da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H) (DOG número 16, do 24 de xaneiro de 2020), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 2.280.000,00 euros, con cargo á aplicación 09.40.324C.481.7 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2020.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

Entidade beneficiaria

Anualidade 2020 (€)

Anualidade 2021 (€)

Anualidade 2022 (€)

Total contía concedida (€)

Saúde Mental Feafes Galicia

40.000,00

160.000,00

100.000,00

300.000,00

Fundación Secretariado Gitano

52.000,00

168.800,00

139.200,00

360.000,00

Fundación Nortempo

75.000,00

345.000,00

180.000,00

600.000,00

Acción Laboral

60.000,00

150.000,00

90.000,00

300.000,00

ValoReSC Innovation

84.000,00

210.000,00

126.000,00

420.000,00

Fundación Acción Contra el Hambre

58.000,00

162.000,00

80.000,00

300.000,00