Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xaneiro de 2021, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Puerto de Celeiro, S.A. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á sociedade Puerto de Celeiro, S.A. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro para a construción e explotación dunha lonxa climatizada e informatizada (expediente 14-07-97-C-1).

O día 23.12.2020 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á empresa Puerto de Celeiro, S.A. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro para a construción e explotación dunha lonxa climatizada e informatizada, de acordo coa solicitude presentada pola concesionaria.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de xaneiro de 2021

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte