Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11094

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 11 de febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fan publicas as cualificacións do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 11 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), de conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria e no Acordo deste tribunal do 5 de outubro de 2020 polo que se fixan os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio, publicado no portal web de Función Pública da Xunta de Galicia, e logo de realizada a corrección dos exames consonte os criterios anteriores, determinar que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo un total de quince (15) aspirantes no conxunto das quendas.

Lémbrase que, de conformidade coa base II.1.1.3 da convocatoria, este exercicio cualifícase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar consonte o disposto na base II.1.2.8 publicar as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. Declarar que todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio están exentas de realizar o cuarto exercicio por terse acreditado no prazo previsto, dispor da documentación xustificativa consonte o previsto na base II.1.1.4 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2021

Olga Janeiro Barandiarán
Presidenta do tribunal