Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 409/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 409/2020 deste xulgado do social se ditou Sentenza o 1.2.2021, contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita sentenza na Secretaría do citado órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesquera Touro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza