Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 561/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 561/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Romero Mosquera contra a empresa Industrias Casal, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Manuel Romero Mosquera contra Industrias Casal, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 19.147,50 euros en concepto de indemnización de despedimento obxectivo e indemnización por falta de aviso previo, máis os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como a aboarlle ao demandante a cantidade de 21.343,78 euros en concepto de salarios, diferenzas salariais e complemento de IT, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Casal, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza