Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11260

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 2 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2021 tramitada como expediente anticipado de gasto.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 24 da Orde do 2 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2021, tramitada como expediente anticipado de gasto, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde.

Crédito orzamentario inicial: 230.000 €. O custo total das subvencións concedidas irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, co código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

No que se refire aos beneficiarios, importes concedidos e finalidade da subvención: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidades beneficiarias subvención

Posto

Nº de expediente

NIF

Entidade

Programa

Importe adxudicado (€)

1

SA462B-5

G36642726

Asociación de axuda ao toxicómano. Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos III

46.000,00

2

SA462B-3

G36642726

Asociación de axuda ao toxicómano. Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos I

46.000,00

3

SA462B-4

G36642726

Asociación de axuda ao toxicómano. Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos II

46.000,00

4

SA462B-1

G36208387

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento, social e laboral ao drogodependente

46.000,00

5

SA462B-2

G32106429

Asociación Ourensana de ayuda al toxicómano ATOX

Piso de acollida para a incorporación social

46.000,00