Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2021, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de selección de adquirentes de VPP en segundas adxudicacións no concello de Pontevedra (4D).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a secretaria da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2021

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: segundas adxudicacións VPP Pontevedra 4D/11R.

Credencial: 74609.

DNI: 35275957Y.

Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.