Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a folla de valoración fundada da Administración ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/264.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícase ás persoas sinaladas no anexo, a folla de valoración fundada da Administración, do expediente expropiatorio polas obras do Proxecto de construción fomento da mobilidade sustentable. Senda na PO-225, treito Alba-San Caetano, puntos quilométricos 0+000-1+080, de clave PO/16/264.06, no concello de Pontevedra, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñecer o contido íntegro desta folla de valoración fundada da Administración. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

6

36900A17900577

Pérez Ucha, José

10

36026A01200077

Viéitez Villaverde, Manuel

40

36900A17900538

Otero Tejedor, Elena