Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT, CT e RBT Queimós (expediente 01/2018 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 88 90 60, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 9 de febreiro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

– Expediente: 01/2018 AT.

– Acto notificado: citación para o pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT, CT y RBT Queimós.

Interesado

Trámite

Herdeiros de Jesús García Díaz

Notificación citación

Raúl Acción Méndez

Notificación citación