Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11282

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2021, o tribunal designado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base IV.2, publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade, propoñendo o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

De acordo co previsto na mesma base, as persoas aspirantes disporán de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base, sen prexuízo das exencións a que se refire a base IV.3, respecto da documentación xa achegada con anterioridade polos que xa teñen a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. Conforme o disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para
o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de
enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, indicando
as puntuacións obtidas nos distintos exercicios e o total de puntuación

Orde

Quenda

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

1

Promoción interna

***1506**

Piñeiro Tubío, Xosé Alberte

25,87

32,00

14,05

Exento

71,92

2

Acceso libre

***3266**

Val Mouriño, Diego

23,27

36,00

11,60

Exento

70,87

3

Acceso libre

***7070**

Casal Pereira, Bran

25,49

33,33

11,85

Exento

70,67

4

Acceso libre

***4756**

Martínez Paz, Sandra

26,90

26,00

15,32

Exento

68,22

5

Promoción interna

***9501**

Rodríguez Vázquez, Pablo

25,07

29,33

13,64

Exento

68,04

6

Acceso libre

***8891**

Barredo Silva, Hugo

20,00

32,33

11,97

Exento

64,30

7

Promoción interna

***7772**

Araújo Fernández, José Manuel

20,63

27,66

10,54

Exento

58,83

8

Promoción interna

***7922**

Carral Sánchez, Rocío

24,28

21,33

11,40

Exento

57,01