Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO do acordo de aprobación definitiva do Plan de protección do conxunto histórico-artístico de Tui.

O Pleno da Corporación municipal, na súa sesión extraordinaria realizada o 29 de decembro de 2020 e no punto 9º da orde do día relativo a «Expediente 476/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais do 22.12.2020, favorable á proposta da Alcaldía, do 9.12.2020, relativa á aprobación definitiva do Plan especial do conxunto histórico-artístico do concello de Tui», por unanimidade dos membros da Corporación (17 votos a favor) aprobou o seguinte acordo:

«(.../...)

En consecuencia o Pleno da Corporación acorda:

Primeiro. Prestar aprobación definitiva ao Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico (PEPCHA) (documento con rexistro de entrada 2020-E-RC-2794 do 4.5.2020) e aos planos con rexistro de entrada 2020-E-RE-712 do 13.5.2020, presentados en substitución dos que anteriormente figuraban no documento con rexistro de entrada 2020-E-RC-2794 do 4.5.2020.

Segundo. Publicar o contido do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, así como a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Ordenar a inscrición do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico (PEPCHA) no Rexistro de planeamento urbanístico de Galicia, que se levará a cabo unha vez que sexa publicado no DOG o acordo de aprobación definitiva. A inscrición do PEPCHA neste rexistro é condición para proceder coa publicación ordenada no punto seguinte.

Cuarto. Publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o documento que contén a normativa e as ordenanzas do PEPCHA, de acordo co establecido na Lei do solo de Galicia 2/2016, do 10 de febreiro, e no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Quinto. Notificar o presente acordo a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados a que xa se lles notificara a aprobación inicial do PEPCHA».

O contido íntegro do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico (PEPCHA) aprobado definitivamente, así como o acordo do Pleno da Corporación íntegro pódense consultar no seguinte enderezo:

https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency/233c357c-506a-48de-901c-53a67e80914e/

Tui, 2 de febreiro de 2021

Enrique Cabaleiro González
Alcalde