Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO da publicación da convocatoria e das bases para un concurso de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 24, do 30 de xaneiro de 2021, publicáronse as bases e a convocatoria para a provisión, por concurso de méritos, do posto de funcionario/a de carreira administrativo/a secretaría (C1), aprobado mediante a Resolución da Alcaldía do 26 de xaneiro de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Barbadás, 2 de febreiro de 2021

Xosé Carlos Valcárcel Doval
Alcalde