Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de febreiro de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións de baixa da autorización turística de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución, ditada nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro; todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

Ourense, 11 de febreiro de 2021

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Café Bar Boavista

Mª Otilia Rodríguez González

Estrada de Puga, 25

Toén

T.D. Hipismo El Bosque

Carlos Salgado Cao

Estrada Sta. Mariña, s/n, A Granxa

Ourense

Cafetería Melón

Manuel Calle González

Avenida da Habana, 25

Ourense

Restaurante Parrillada Toro Bravo

Marcos Vinicius Canhizares Díaz

Curros Enríquez, 2, baixo

Verín