Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11566

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1973/2020 BC).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1973/2020-BC

Xulgado de orixe/autos: SS Seguridade Social 534/2014. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Marcos Edrosa Liste

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Grupo Lindega Asociados, S.L.U.

Avogado/a: letrado/a do Servizo Público de Emprego Estatal

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1973/2020 desta sección, seguido por instancia de Marcos Edrosa Liste contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Grupo Lindega Asociados, S. L.U., sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, con desestimación do recurso interposto por Marcos Edrosa Liste, confirmamos a Sentenza que con data do 27 de decembro de 2019 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 da Coruña e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Servizo Público de Emprego Estatal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Lindega Asociados, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza