Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G. para a explotación porcina de porcos de ceba situada en Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-073).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Revisión da autorización ambiental integrada. Explotación intensiva porcina para 10.903 prazas no concello de Sarreaus (Ourense)».

para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-073.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0082_NAA/IPPC_114.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.b).

Titular: Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G.

NIF: F32172348.

Enderezo social: CPA-Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

Localización da instalación: Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: a explotación dispón de 10.903 porcos de ceba, distribuídos en 2 núcleos. O primeiro núcleo de porcino (núcleo fuciños) consta de 4 naves con capacidade para 5.448 animais e o segundo núcleo de porcino (núcleo canal) dispón de 5 naves con capacidade para albergar 5.455 porcos. Na explotación existe 1 pozo de auga potable, silos de diferentes capacidades e unha caldeira de biomasa. Ademais, posúe un conxunto de fosas interiores e fosas exteriores cubertas que garanten o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios de ambos núcleos de porcino son recollidas en 2 depósitos estancos (2,5 m3) para despois mesturarse co xurro. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores das naves xunto co xurro producido, para ser xestionadas posteriormente coma fertilizante agrícola. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado será valorizado coma fertilizante en parcelas de uso agrícola.