Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11636

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO da convocatoria de trinta bolsas para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca 30 bolsas (10 delas destinadas a alumnos estranxeiros que inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2021/22. Prazo de envío e presentación de solicitudes para os alumnos estranxeiros: ata o 30 de abril de 2021. A segunda convocatoria, no caso de que queden prazas vacantes para os alumnos estranxeiros, e o calendario de inscrición dos alumnos nacionais, rexeranse polas datas que a Universidade da Coruña ten pendente de aprobación, e que serán publicadas na web do máster (www.mpxa.net).

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web www.mpxa.net.

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

José Francisco Sánchez Sánchez
Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre