Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2021 Páx. 11570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 489/2020-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 489/17-MA, por instancia de Carlos Baldomir López contra Fogasa e Barlim 2009, S.L., sobre despedimento, en que se ditou Sentenza con data do 12 de xaneiro de 2021 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Carlos Baldomir López fronte á empresa Barlim 2009, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Barlim 2009, S.L. ao traballador.

– Condénase a empresa Barlim 2009, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.843,19 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 44,70 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Barlim 2009, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza