Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de decreto (ETX 91/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 91/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Julia Varela Gómez contra a empresa Tricot Evel, S.L., sobre despedimento, foi pronunciado decreto no 3.2.2021, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra ao seu dispor na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tricot Evel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza