Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican diversas resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 32/01334-I/91 e tres máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste edicto as resolucións ditadas nos procedementos ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, que son emprazada para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial de Política Social de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas ao vencer o prazo indicado para comparecer. Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Así mesmo, advírteselles que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor reclamación previa na vía xurisdicional social, perante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Ourense, 13 de xaneiro de 2021

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS650A.

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

34937987K

32/01334-I/91

Modificación

2.9.2020

34526816K

32/00026-I/98

Modificación

27.10.2020

X1737940Z

32/00185-I/19

Modificación

12.3.2020

Procedemento BS650G.

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

34671609Y

32/00335-X/18

Extinción

30.10.2020