Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas (expediente OU-2020/00038 e un máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 2 de febreiro de 2021

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Persoas interesadas

OU-2020/00038

79334496K

OU-2020/00038

MD0628656

OU-2020/00088

34551726E

OU-2020/00088

AT356467