Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1006/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1006/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celsa Sánchez Pardiñas contra o Fondo de Garantía Salarial, Celuisma, S.A, Cityhouse Rías Altas, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución en cuxa parte dispositiva consta o seguinte:

«Decido:

Estimar a demanda formulada por Celsa Sánchez Pardiñas contra as empresas Celuisma, S.A., Cityhouse Rías Altas, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condenar a empresa Celuisma, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil catrocentos sesenta e dous euros con cincuenta céntimos (5.462,50 euros) co xuro moratorio do 10 % producido polos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución e para o cal bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Rías Altas, S.L. expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza