Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 609/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 609/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Fernández Furelos contra a empresa Sertrán Conservación, S.L., sobre recoñecemento de dereito e cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Adrián Fernández Furelos contra Sertrán Conservación, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.618,89 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade devindicados desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; condeno, así mesmo, a demandada a que proceda á regularización das cotizacións correspondentes ao salario que o traballador debía efectivamente percibir conforme a categoría profesional de encargado e condeno, así mesmo, a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan no importe de 200 euros.

No que respecta á responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sertrán Conservación, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza